Destacada

O Punta Del Este Xiria imponse ao BM. Lucus a domicilio

O Punta Del Este Xiria, viaxaba a Lugo na mañá de hoxe para disputar a volta da semifinal de Copa en categoría infantil feminino. Despois da derrota sufrida a pasada semana en Carballo por 22-29 ante o rival de hoxe e na ida desta semifinal, as carballesas chegaban ao pavillón de Outeiro De Rei coa ambición de demostrar que o ocorrido facía sete días fora simplemente un mal día e así o certificaron cunha alta intensidade defensiva que servíu para que a vitoria viaxase cara a Carballo. O partido foi moi igualado e con alternativas no marcador para os dous equipos, pero as mozas de Xiria impuxeron a sua defensa e a velocidade ao contragolpe para conseguir superar ás lucenses. Xa, nos últimos instantes do primeiro tempo, rompían, grazas a eses factores, a igualdade no electrónico e conseguían chegar ao tempo de descanso cunha importante diferenza de tres goles (12-15). Na continuación e despois de coller osíxeno, as mozas do BM. Lucus saían cun ritmo alto e conseguían empatar o o encontro.Foron minutos nos que as locais dominaban e as bergantiñás ían a remolque, pero unha exclusión das rojillas sería perfectamente aproveitada polo Punta Del Este Xiria que conseguía poñerse por diante. A pesar dos nervios e dos erros dos últimos minutos, as mozas de Carballo conseguirían a vitoria final e corrixir a derrota da pasada semana en Carballo.

Punta Del Este: Elena Collazo (P), Ana Pombo, Nina Pereira, Valeria Figueroa, Nerea Varela, María García, Alba García, Anna María Hernández, Lara Otero, Lucía España, Paula Bouzas.

Fotos do encontro:

18813491_1363490937038727_2958491888865572120_n

18664404_1363491087038712_7422486801216347060_n

18664418_1363490847038736_1560806683200112158_n

18664532_1363491217038699_3591410964322380952_n

18670767_1363491157038705_8996606359996466372_n

18671139_1363490990372055_4595233869940784435_n

18671154_1363491190372035_6154734397238125766_n

18697965_1363491013705386_8557546841923864796_n

18697995_1363491250372029_5512396253876155380_n

18698023_1363490953705392_8516863890584525621_n

18698199_1363490910372063_423665615294343312_n

18698231_1363491303705357_4481375936200508565_n

18700030_1363490867038734_7921132223685993349_n

18765596_1363491273705360_3393587810728580329_n

18765982_1363490923705395_8130654737746436785_n