Fotos equipos 1

Os alevíns do Xiria copan o podio da liga regular

Este pasado Sábado, celebrábase no Pavillón Quiroga Palacios de Santiago de Compostela, a xornada que quedaba pendente por xogar dentro da liga Alevín mixta BM5 do grupo Oeste da provincia da Coruña. Os tres conxuntos de Xiria:  LK Xiria, Xiria Telepizza Carballo e Laber Xiria, non deron lugar á sorpresa e venceron nos seus respectivos encontros por 8-0, resultados que deixan aos conxuntos de Carballo ocupando os tres primeiros postos da clasificación, na orde anteriormente apuntada e por tanto, clasificados para a fase final da categoría, a disputar en Camariñas o próximo día 20 do presente mes. A liga completada polos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, pódese catalogar de fantástica, xa que o lider LK, non coñeceu a derrota e os compañeiros do Telepizza e Laber, só saíron derrotados en dúas ocasións. O máis importante en calquera caso, é a clara progresión dos xogadores dos tres equipos, tanto individual como colectivamente, situación que lles levará a afrontar con maior confianza o gran reto da fase final.

LK Xiria – Alca Ribadosar U: 15-3/ 11-8/ 12-8/ 11-6

Xiria Telepizza Carballo – Alca Ribadosar L: 16-1/ 11-0/ 10-3/ 8-1

Alca Ribadosar I – Laber Xiria: 2-19/ 5-8/ 4-9/ 6-17

Polo LK xogaron: Pedro Porteiro (13), Alex Vázquez (5), Miguel Pérez, Miguel Cambón (3), Pablo Veiga (20), Angel Viña (7), Lucas Amado (1).

Polo Xiria Telepizza Carballo xogaron: Daniel Bello (8), Manuel Rey (9), Álvaro Vila (10), Angel Villar (2), Alberto Rodríguez (7), Nicolás García (4), Manuel Pérez (6).

Polo Laber Xiria Xogaron: Erik Vázquez, Manuel García, Marcos Amarelle, Mateo Pallas, Samuel Regueira, Hugo García, Oscar Tasende.