Os conxuntos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, destacan na xornada de Santiago

Os catro  conxuntos alevíns que acudiron a Santiago na xornada matinal do Sábado, foron quen de solventar os seus partidos con vitorias, que fa posible que sigan situados nos catro primeiros postos da clasificación.

O conxunto do LK enfrontabase as 10:00 a un equipo que resultou ser moi complicado. O Ribadosar Alca Épsilon, foi capaz de incomodar a os carballeses e mesmo de levarse o último tempo do partido, pero xa cando o resultado era favorable a os de Carballo. Estes, fixeron un encontro completo, defendendo con intensidade e facendo da velocidade nas accións un arma letal para completar o triunfo por un total de 2-6.

Ribadosar Alca Épsilon – LK Xiria:

1º cuarto: 8-11   2º cuarto: 6-12   3º cuarto: 5-14   4º cuarto: 9-6

LK Xiria: Henrique (7), Manuel Múñoz (4), Marcos Varela (3), Pablo Veiga (20), Aday Gómez (3), Lucas Amado (1), Antón Pardiñas, Diego Barbeira, Miguel Cambón (6).

A continuación, saía a escea o Laber Xiria, que nun partido similar ó do LK, remataría gañando polo mesmo resultado (2-6). O encontró tamén foi moi sufrido, xa que os nenos de Arteixo amosaron excelentes maneiras e estiveron cerca dos de Carballo no terceiro e cuarto tempo. A concentración defensiva do Laber e a definición cara a portería contraria, lles daría a vitoria.

Centros Ideal Arteixo BM – Laber Xiria:

1º cuarto: 4-12   2º cuarto: 8-10   3º cuarto: 7-5   4º cuarto: 0-8

Laber Xiria:  Maxi Díaz (4), Marcos Amarelle (15), Erik Vázquez (6), Hugo García (7), Nico Cancela (1), Álvaro García (1), Manuel García (1), Brais Suárez.

As nenas dos Grupo Lemaco consegurían tamén o mesmo resultado que os compañeiros masculinos e a pesar de comenzar perdendo o primeiro tempo por un contundente 10-4, souberon sobreponerse e responder no segundo cun indiscutible 1-11. A raíz de este segundo tempo, as rapazas estiveron moito máis acertadas tanto en defensa como en ataque e tamén puideron gañar os dous últimos tempos.

Ribadosar Alca Omega – Grupo Lemaco Xiria:

1º cuarto: 10-4   2º cuarto: 1-11   3º cuarto: 6-9   4º cuarto: 5-13

E por último, chegaría a vitoria do Telepizza Carballo Xiria, un encontró onde os bergantiñáns se mostraron moi superiores e foron quen de gañar todos os tempos de maneira folgada.

Gravados Calvo Arteixo BM – Telepizza Carballo Xiria:

1º cuarto: 1-16   2º cuarto: -3-6   3º cuarto: 6-9   4º cuarto: 2-12