Os desacertos ofensivos facían a un S.A.R. imparable

Este fin de semana as mozas do Punta del Este Xiria viaxaban a Redondela para disputar a primeira xornada de liga DH contra a S.A.R Shopimagen.

O encontro comezou cun Xiria concentrado nunha defensa 3:2:1, pechando ben e dificultando a chegada das xogadoras rivais a portería.
Malia a boa intensidade defensiva, os nervios e os desacertos ofensivos facían que as locais se afastasen no marcador. As continuas perdas de balón pasáronlle factura ás carballesas na primeira parte, chegando ao descanso cun resultado de 12-4.

A segunda metade do encontro atopouse a un Punta del Este máis relaxado e concentrado en ataque, movendo moito mellor o balón sen tantas perdas e atopando ocasións claras de gol dende 9 e os exteriores. Pola contra, o S.A. R lograba fáciles ocasións de gol, ao que as carballesas baixaron un pouco a intensidade defensiva, isto facilitoulles ás locais anotar.

Case rematado o partido as carballesas volvían recuperar a confianza, roubando balóns en defensa e logrando unhas boas finalizacións dos contraataques fixo que o final do partido fose dun 26-12, dando por finalizada a primeira xornada de liga, na que as xogadoras do Punta del Este Xiria conseguian mellorar o marcador con respecto ao anterior encontro disputado nas fases previas.

S.A.R. Shopimagen (26): Nayara (2), Antía (6), Nerea (3), Marta (2), María (2), Carla (1), Angela (6), Alexandra (4), Eva, Nazaret, Lucía, Marta, Noa.

Punta del Este Xiria (12): Coral (3), Lara H. (2), Lara S. (4), María (1), Natalia (2), Candela C., Duna, Leticia, Lucía, Stefania.