Destacada 2

Os dous equipos de BM7 seguen invictos en liga

Despois de catro xornadas disputadas na liga alevín de BM7, os dous conxuntos de Xiria seguen invictos e este fin de semana impuxéronse aos seus respectivos rivais por un contundente 8-0. Hai que dicir que, á parte de gañar todos os partidos disputados, os equipos de Xiria non cederon ningún cuarto, demostrando unha gran solvencia nestes inicios de competición.

O Metalúrgica BB Xiria A e o Metalúrgica BB Xiria B, enfrontábanse na mañá do pasado Sábado ao Pontedeume BM7 e ao Cátering Imos Arteixo respectivamente no pavillón do CEIP Fogar. Os dous conxuntos de Carballo acudían ás súas respectivas citas con moitas baixas de efectivos por distintos motivos e mentres o Metalúrgica Xiria A contaba con 8 xogadores, o Metalúrgica Xiria B non dispoñía de cambios a sumar tan só 7 efectivos.

A pesar destas circunstancias, os dous conxuntos de Xiria foron moi superiores aos seus rivais no día de onte e impuxéronse por un 8-0, contando todos os cuartos por vitorias e con folgura no marcador. A gran defensa, a velocidade no contragolpe e o acerto na portería contraria, foron os argumentos nos que ambos os equipos basearon a suma destes oito puntos nas súas respectivas marcadoras.

Metalúrgica BB Xiria A – Pontedeume BM.7

=7- 3

= 7 – 3

= 7 – 4

= 8 – 3

Álvaro García, Manuel García, Daniel Bello (2), Martín Cousillas, Hugo García (9), Henrique Traba (4), Erik Vázquez (11), Marcos Varela (3).

Metalúrgica BB Xiria B – Catering Imos Arteixo BM.7

=9 – 2

= 15 – 5

= 10 – 1

= 9 – 4

Pablo Veiga (16), Manuel Rey (9), Miguel Cambón, Angel Villar (1), Maxi (1), Manu Pérez (15), Diego Barbeira (1).