Os equipos de Escolas Balonmán Xiria comenzan a competición

Este fin de semana darase o pistoletazo de saída á tempada 2017/18 de balonmán en 1ª nacional e, do mesmo xeito, os infantís, cadetes e xuvenís da nosa entidade, iniciarán a primeira xornada de División De Honra, pero neste caso, lonxe de terras carballesas.

O Calvo Xiria retoma no seu propio feudo, a competición na que reinou os dous últimos anos. O pavillón Vila De Noia será o escenario de apertura dunha nova e ilusionante tempada repleta de novos retos. Como inicio, un visitante de soleira, a SD. Teucro, un referente no balonmán galego e nacional cuxo primeiro equipo militará esta tempada na liga Asobal, máxima categoría do balonmán español. O conxunto de Carballo chega con novidades a este inicio de tempada, a primeira e xa coñecida preséntase no banco, con novo técnico e delegado e o resto na pista. Ante a ausencia de ata seis xogadores con respecto ao conxunto do ano pasado, o Calvo Xiria afronta este curso cun cadro de persoal máis reducido e co firme propósito de seguir apostando pola súa canteira. As ilusións en todo o alto por volver competir cos mellores están presentes e por iso o persoal quere conseguir o primeiro triunfo da tempada ante a súa afección e lograr bater a un Teucro con moitos argumentos para poñer as cousas difíciles aos bergantiñáns. O partido dará comenzó as 18:00 deste próximo Sábado no Vila De Noia. Ao terminar o partido de 1ª nacional, entrarán en escena as mozas dun remodelado Goldie Xiria con novas incorporacións, que xogarán un amigable contra o BM. Ferrolterra ás 20:00h.

Da mesma maneira, o tren das ligas de División De Honra tamén arrinca este fin de semana. Os cadetes viaxan ao Grove, onde un conxunto como o de Rasoeiro, novo na categoría, pero que xa conseguíu resultados importantes na pretemporada ante equipos de enxunlla, tentará frear as aspiracións dos carballeses, que este ano se sitúan no máis alto. O encontro disputarase ás 12:45 do Sábado no pavillón Monte Dá Vila. Pola sua banda, os infantís e xuvenís viaxan a Ourense e alí, tamén o Sábado, os primeiros ás 10:30 e os segundos ás 12:00, terán como rival ao Nova Xestión Pavillón. Os encontros levarán a cabo no Pavillón Dous Remedios. O obxectivo dos dous conxuntos será volver a Carballo cos puntos en xogo para comezar de forma positiva. Veremos como actua o novo conxunto dos infantís e o curto cadro de persoal dos xuvenís, onde algúns cadetes terán tamén importantes responsabilidades este ano.