Os paus impiden ao Marmolería José Rey Xiria puntuar en Novo Mesoiro

Disputábase a primeira xornada da 2ª división infantil masculina, e enfrontábanse o BM Ártabro Pekes Park e ao Marmolería José Rey Xiria.
O partido non empezaba ben para os de Carballo; cunha defensa feble e en ataque non se atopaban lanzamentos cómodos. Unha vez pasados os nervios iniciais, atoparon o seu sitio no partido; unha defensa máis compacta con moitas axudas permitía frear as arremetidas locais, para chegar ao termo dos primeiros 25 minutos, 10-11 favorable ao Marmolería José Rey Xiria.
Tras o descanso, todo seguiría moi igualado, continuos intercambios no marcador, o partido decidiríase pola mínima diferenza. Os locais cunha primeira liña forte fisicamente, esixían moito desgaste á defensa visitante.
Chegábase ao último minuto co Ártabro un gol por diante; e ataque para os carballeses, que despois de enlazar unha boa combinación conseguirían un penalti. O lanzamento acabou no pau, pero lonxe de renderse, unha extraordinaria defensa permitía recuperar o balón e nos instantes finais un contraataque ben enlazado produciu un lanzamento desde 9 metros que deu no traveseiro.
Unha derrota para o Marmolería José Rey Xiria con notas moi positivas, e que servirá para seguir progresando.

Na seguinte xornada o Marmolería José Rey Xiria, recibirá a visita do Colexio Liceo.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Novo Mesoiro cunha entrada de 100 seareiros. Colexiado: Wallace Moreira De Sáelles do colexio galego.

BM ÁRTABRO 23 ( 10 + 13 ): Sergio Puertas, Pedro Vila, David Suárez, Alejandro Areas, Jose Abellas, Shay Smith, Sergio Vázquez, Javier Vázquez, Pablo Fernández, Regueiro, Abades.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 22 ( 11 + 11 ): Darío Calviño [p], Andrés García, Alex Puñal, Anxo Canosa, Miguel  Goimil, Martin Fuentes, Asel Cambón, Juanma, Alberto, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Esteban Puñal.