O Grupo Lemaco perde en Pontevedra nunha mala primeira metade

Outro partido complicado para os do Grupo Lemaco Xiria; nunha liga moi igualada, onde os pequenos detalles marcarán as diferenzas entre uns equipos e outros.
Desta volta, enfrontábase ao Teucro no municipal de Pontevedra. O partido saldaríase con derrota carballesa, cunha primeira metade con demasiadas perdas de balón e unha defensa moi frouxa, onde nin o sistema 6:0, nin o 5:1 lograraron frear o ataque local.… Seguir lendo >>

Partidos moi atractivos durante o fin de semana

Este fin de semana, o Calvo Xiria estrearase na competición de liga de 1ª nacional como local. Despois da gran e traballada votoria da pasada semana en Lalín, o conxunto de Carballo tentará que a presentación ante o seu público sexa igualmente exitosa ante o Construcciones Castro Lavadores, outro dos favoritos ao título e que ven de renovarse con fichaxes de renome despois dun forte investimento económico durante este verán.… Seguir lendo >>