Finaliza este sábado a primeira volta da 1ª Estatal co Calvo Xiria encabezando a táboa clasificatoria. Recibe a un Lavadores que marcha pola zona media e que de seguro tratará de dar a sorpresa e levarse os puntos do Vila de Noia as 18:00.… Seguir lendo >>
Dous puntos para o Calvo Xiria logo do parón da 1ª Estatal
Chegaba o Calvo Xiria á 14ª xornada de liga de 1ª Estatal logo do parón de Nadal con dúbidas de coma se manexaría ante as baixas de Cuco e Pablo. E os primeiros minutos non despexaron o panorama co que se presentaron os carballeses en Porriño.… Seguir lendo >>
Cinco xogadores de E.BM.Xiria ao campionato de España de seleccións autonómicas
Cinco xogadores de E.BM.Xiria estarán presentes no campionato de España de seleccións autonómicas que se celebrará en Almería nos próximos días. O club de Carballo terá representación nas tres categorías masculinas, tal e como vén sendo habitual dende hai anos: infantil, cadete e xuvenil. … Seguir lendo >>
Escolas Balonmán Xiria despediu o ano 2015 cunha xornada de convivencia cos equipos de Zas
Máis de 70 nenos e nenas de Carballo e Zas xuntáronse este mércores pola mañá no Pavillón do Fogar para vivir unha bonita xornada de convivencia onde houbo xogos, un campionato de Tenis de Mesa e un disputado Torneo de Balonmán.… Seguir lendo >>
Escolas Balonmán Xiria deséxavos FELICES FESTAS
Neste tempo de celebración, de reunións familiares e de ilusións renovadas, Escolas Balonmán Xiria deséxavos unhas felices festas e un prospero ano novo.
Desexamos a todos os nosos patrocinadores, colaboradores e a todos os que integran E.BM.Xiria, que gocen destas festas e que o ano 2016 sexa un ano positivo e cheo de marabillosos proxectos que afrontar.… Seguir lendo >>
Liga de balonmán por Nadal
Os máis pequenos/as están de parabén neste Nadal e é que E.BM.Xiria organiza actividades e unha liga de balonmán nestas semanas de vacacións. Os días 21,22,23,28,29,30 de Decembro e 4 de Xaneiro, o pavillón do CEIP Fogar será a instalación onde te poidas achegar a pasar un intre moi divertido co teu amigo e practicar deporte.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco Xiria cede un punto ante o Bm. Lalín
Os cadetes do Grupo Lemaco non puideron pasar do empate ante un Bm. Lalín que levou o ritmo do encontro cun ataque moi pausado que aletargou aos carballeses. Pese a todo, o Xiria tivo todo de cara para levar o encontro pero desaproveitou unha renda de 3 goles nos últimos minutos e o rival conseguía empatar a falta de 8 segundos.… Seguir lendo >>
Dúas caras do Laber Xiria en Lalín e unha segunda parte vibrante.
O frío clima da comarca dezana, avanzaba na mañá do Domingo o talante co que os xuvenís de Xiria ían entrar no 40×20 do Lalín Arena. Un conxunto, o carballés, que se xogaba moito despois da derrota pola mínima a semana pasada, pero que parecía que aínda naufragaba nos repetidos erros de fai sete días.… Seguir lendo >>
As perdas de balón condenan ao Garaysa Xiria
Viaxaba na mañá do domingo o Garaysa Xiria a Lalín e enfrontábase ao sempre dificil Prosem Lalín.
Empezaban o partido igualado, á vez que frío, os ataques resolvíanse mediante accións individuais, xa que os equipos empezaron moi pasivos. A partir do minuto 5 o Garaysa presionaba en defensa e elevaba o ritmo de xogo, conseguindo unha vantaxe de 4 goles.… Seguir lendo >>
Un Goldie Xiria moi mermado caeu derrotado en Caselas
Balonmán Caselas 24 – Goldie Xiria 16 (14-8)
Devolvía visita ao segundo clasificado o Goldie Xiria, pero facíao con moitas baixas e con poucos efectivos para un complicado encontro contra un Caselas que se afianza na segunda posición e aspira a xogar a fase polo ascenso.… Seguir lendo >>