Disputouse a derradeira xornada da liga zonal de minibalonmán benxamín, ca participación dos tres equipos de Escolas Balonmán Xiria, queda agora o 23 de Maio a disputa do Campionato Provincial no que representarán a Carballo o Laber Xiria -Campión de Liga- e o Oak English Centre Xiria –cuarto clasificado-.… Seguir lendo >>
O Garaysa despediu a copa e a tempada fronte ao Octavio de Vigo
Garaysa Xiria – 22 (8+14): Pedro (2), Iago (3), Urbieta (1), Manuel, Alex (10), Adrián, Julio, Iker, Franco (1), Miguel (1), Renzo, Paulo, Sueiro (2), Diego Lema, Diego Rdgz. (1), Xurxo (1) e Brian.
Academia Octavio – 32 (18+14): Quinteiro (2), Ojea (2), Vázquez (3), Touza (7), Castiñeira (2), Figueirido (5), Padilla, Peña (5), Escariz, Rial, Cela (4) e Gallego.… Seguir lendo >>
Colofón con goleada para o Laber Xiria
O Laber Xiria xuvenil, pechou a tempada 2014-15 cun excelente partido ante o Academia Octavio de Vigo. Deste xeito, os de Carballo poñen a guinda a un ano excepcional, onde conseguiron o subcampionato galego e a conseguinte participación no campionato de España.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco cede ante o Octavio no último partido da tempada
O Grupo Lemaco Xiria cadete, caeu no último partido da tempada fronte ao potente Academia Octavio de Vigo, actual campión galego da categoría.
Os olívicos, que xogan o próximo fin de semana a fase do campionato de España, saíron moito máis metidos en faena que os bergantiñáns, con motivo da preparación da cita nacional. … Seguir lendo >>
O Goldie Xiria clasifícase para Semifinais da Copa Federación cunha clara vitoria diante do Pabellón Ourense
Goldie Xiria 35 – Pabellón Ourense 13 (18-7)
Non tivo problemas o Goldie Xiria para derrotar ao seu rival deste sábado, e quedar primeiro do seu Grupo, clasificándose para as semifinais da Copa Federación.… Seguir lendo >>
Escolas Verán
Xa tedes á vosa disposición o trítptico das
«22ª Escolas Deportivas e Culturais Xiria»
Recorda que a inscrición abre o 11 de Maio.
Descarga o tríptico neste enlace:
Non para o balonmán para Xiria
O Goldie Xiria xógase este sábado o pase a semifinais da Copa Federación, deberá vencer ou empatar no encontro que as mide ante o Pabellón de Ourense. En principio non debería ter problemas o Xiria, máis si cabe, ao xogar na casa, pero deberá apuntalar a súa vitoria con máxima intensidade defensiva e velocidade na saída ao contraataque, factores que foron fundamentais na vitoria en Ferrol.… Seguir lendo >>
O Garaysa Xiria, moi frouxo en ataque, non puido co campión de liga, o Seis do Nadal
Seis do Nadal – 31 (16+15): Domínguez (2), Soutullo (4), Branco (4), Alonso (9), Fernández (2), Doval, Cabanelas (5), Iglesias (4), Dacunha, Salgueiro, Míguez e Seijo (1).
Garaysa Xiria – 11 (5+6): Pedro (4), Alex, Iker, Diego Rodríguez (1), Iago (3), Julio, Manuel, Franco (2), Paulo, Renzo, Xurxo (1), Diego Lema, e Brian.… Seguir lendo >>
Encontro igualado do Laber Xiria en Vigo
Aínda coa resaca que nos deixo o marabilloso campionato de España protagonizado polo equipo xuvenil de Laber Xiria o pasado fin de semana, os xogadores carballeses retomaban a competición autonómica de Cópaa Federación ante o Seis Do Nadal en Vigo.
O conxunto de Carballo viaxaba á cidade olívica tan só con dez xogadores, priorizando a recuperación daqueles que veñen carrexando molestias e os que teñen compromisos académicos por encima desta competición copeira.… Seguir lendo >>
Un partido deslucido polas baixas do Grupo Lemaco
O Grupo Lemaco, sufríu a primeira derrota desta Copa Federación no pavillón de Coia (Vigo) ante o subcampión galego. O partido viuse deslucido dende o principio, xa que os carballeses, minguados de efectivos, acudiron ao envite con tan só dez xogadores.… Seguir lendo >>