Dous puntos perdidos no mellor partido da tempada

Perdeu en Vigo ante o segundo clasificado os dous puntos e moi posiblemente a máis mínima opción de loitar polo segundo posto no mellor partido que xogou en toda a tempada o Calvo Xiria. Detalles en momentos puntuais, de cara ao lanzamento, e unha máis que discutible actuación arbitral durante certos momentos do partido no que os vigueses estaban ao borde do precipicio impediron que os puntos se fosen para terras carballesas.… Seguir lendo >>

O Garaysa Xiria acada a permanencia na División de Honra nun encontro de infarto contra o Bm. Tui

GARAYSA XIRIA – 33 (17+16): Julio, Diego Lema, Pedro Pereira (6), Mario Rincón (9), Iago Rincón (1), Manuel, Alex (9), Iker (2), Franco (1), Xurxo, Brian e Mario Cancela (5).

BM. TUI – 32 (14+18): Xavvier, Juan, Raúl, Carlos (3), Sergio, Ismael (3), Guillermo (2), Iván (10), Saúl, Pablo, Samuel (12) e Alex (2).… Seguir lendo >>

Derrota do Grupo Lemaco ante o BM.Porriño

O BM.Porriño impúxose ao Grupo Lemaco Xiria en categoría cadete, nun encontro que os foraneos dominaron de principio a fin e onde os carballeses foron a remolque desde o inicio.

Os xogadores de Xiria entraron no partido moi fríos e en apenas cinco minutos sufrían un parcial de 1-4 que obrigaba ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto para reactivar aos xogadores.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña