Derrota no derbi do Grupo Lemaco

O Grupo Lemaco Xiria, iniciaba a segunda volta do campionato en casa fronte ao BM.Artabro, despois de acadar un meritorio carto posto no derradeiro partido do 2014 en Porriño. O derbi contra os coruñeses no día de hoxe, foi ben distinto a aquel e inda que se preveía un choque igualado e intenso, poucos podían imaxinar un partido tan alocado por parte dos dous conxuntos.As defensas estiveron ausentes durante todo o envite e o xogo convertíuse nun ida e volta na maior parte do mesmo, de aí o avultado do resultado final (41-42).… Seguir lendo >>

Escolas Balonmán Xiria retoma os seus horarios habituais de adestramento

Xa pensando nos próximos compromisos ligueiros retoman, dende o mércores 07,  os horarios de adestramento habituais todos os equipos de Escolas Balonmán Xiria.

Logo dunhas xornadas cargadas de traballo para tentar chegar no mellor momento de forma á competición, o sabado 10 e o domingo 11,  competirán os equipos: sénior masculino, xuvenil DH, cadete DH, infantil DH e infantil liga territorial.… Seguir lendo >>

Escolas Balonmán Xiria deséxavos Felices Festas

Escolas Balonmán Xiria deséxavos que teñades unhas felices festas.  Queremos aproveitar esta ocasión especial para darvos as grazas a tod@s aquel@s que sumades esforzos para que o club sega a medrar:

Xogador@s, nais e pais, colaborador@s e por suposto a todos os nosos patrocinadores:

Grupo Calvo

Pub Goldie

Corporación Laber

Grupo Lemaco

Garaysa

Marmolería José Rey

Hotel Punta del Este

Ifecgas Pereira

Oak English Centre

 … Seguir lendo >>

Merecida vitoria para o Calvo Xiria

Pechou o ano o Calvo Xiria cunha vitoria ante a Sar de Redondela que lle permite subir un posto na táboa clasificatoria e polo tanto marcha de vacacións de Nadal no cuarto posto provisional. Un gran balonmán tanto en defensa coma en ataque permitían ao Calvo Xiria chegar ao descanso con cinco goles de vantaxe, que puideron ser máis se os colexiados non deixasen ate con tres xogadores menos aos carballeses.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña