Merecida vitoria para o Calvo Xiria

Pechou o ano o Calvo Xiria cunha vitoria ante a Sar de Redondela que lle permite subir un posto na táboa clasificatoria e polo tanto marcha de vacacións de Nadal no cuarto posto provisional. Un gran balonmán tanto en defensa coma en ataque permitían ao Calvo Xiria chegar ao descanso con cinco goles de vantaxe, que puideron ser máis se os colexiados non deixasen ate con tres xogadores menos aos carballeses.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria viuse superado polo líder Carballal

Carballal La Seyolca 35 – Goldie Xiria 16 (15-6)

 Carballal La Seyolca 35 : Sofía  (porteira), Ines 6, Laura 2, Paula 4, Andrea 1, Aida 1, María 2, Quintana 11, Sara 1, Sandra e Beatriz 7

Goldie Xiria 16 (6): Brenda Noya  e Aida Cangas (porteiras) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 6, María Gómez, Cristina Gende 2,  Adriana Gómez, Patricia García, Marta Regueira 3, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis 3 e Sheila Ferreiro .… Seguir lendo >>

Doce partidos na fin de semana para Escolas Balonmán Xiria

Disputa a 13ª xornada da liga de 1ª Estatal o Calvo Xiria na súa casa, o Vila de Noia ás 18:00, fronte ao Granitos Ibéricos ca obriga de acadar a vitoria ante un rival máis perigoso do que semella se temos en conta o seu posto na táboa clasificatoria, penúltimo con tres puntos, xa que está a mellorar as súas prestacións nas últimas xornadas logo de cambiar de adestrador.… Seguir lendo >>

Derrota do Goldie Xiria ante un superior Porriño

Goldie Xiria 9 – Balonmán Porriño 24 (3-15)

O Goldie Xiria mostrou moitas carencias para dobregar a defensa rival, ben asentada e cunha excepcional Sheila na portería.

Moi pouco bagaxe o obtido polas carballesas en ataque diante dun moi superior Balonmán Porriño, equipo que volveu a demostrar en Carballo, ser a canteira do balonmán galego con xogadoras de moita calidade no seu equipo filial.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña