O Laber Xiria,conquista a segunda praza da clasificación

O Laber Xiria conseguíu a quinta vitoria consecutiva nun disputado encontro e favorecido pola derrota do BM.Lalín en Pontevedra ante o Teucro, conquista a segunda praza da clasificación en solitario.

A SAR de Redondela amosouse como un duro rival para os de Carballo na xornada de hoxe e aínda que o conxunto verdibranco dominou o electrónico a maior parte do tempo, tivo que traballar o partido ata os instantes finais dadas as curtas diferenzas do mesmo.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco, volve á senda da vitoria

Despois de dúas derrotas consecutivas contra dous dos equipos que ocupan os postos máis altos da clasificación, o Grupo Lemaco Xiria voltou á senda da vitoria e fíxoo no mellor momento e contra o rival máis idoneo, xa que o conxunto da SAR de Redondela, situábase un punto por encima dos carballeses e empatados a punto con estes antes do comezo da décima xornada.… Seguir lendo >>

Andrés Urbieta do Garaysa Xiria infantil operouse con éxito da grave lesión na tibia

O Domingo pasado no encontro contra o Seis do Nadal o central do Garaysa, Andrés Urbieta, sufriu unha forte lesión na perna dereita tras caerlle un rival enriba nunha acción fortuíta. Tras unha primeira exploración todos temíamos o peor.

Rapidamente foi trasladado en ambulancia ao Hospital San Rafael, na Coruña, onde pronto nos confirmaron que rompera a tibia da perna dereita e polo tanto antollábase necesaria a intervención cirúrxica.Seguir lendo >>

«Pi» Fraga novo porteiro do Calvo Xiria

O Calvo Xiria ven de pechar na tarde deste xoves o acordo con José Luis Fraga García, «Pi», para tramitar licencia co conxunto de 1ª Estatal para cubrir a maltreita portería verdibranca. As lesións na portería carballesa están a ser un rompedeiro de cabeza esta tempada, xa que á de Alejandro Naya cunha escordadura nun ligamento do cóbado pola que será baixa polo menos dúas xornadas máis engadiuse a do xuvenil Daniel Buño por mor dunha luxación.… Seguir lendo >>

O Garaysa Xiria asinou unha gran primeira metade contra o mellor equipo da liga.

Garaysa Xiria – 14 (9+5): Pedro, Urbieta (2), Mario (4), Manuel, Alex (5), Iago (2), Adrián, Julio, Iker, Franco (1), Xurxo, Brian, Miguel e Diego.

Seis do Nadal – 34 (16+18): Rivas (8), Domínguez, Soutullo (4), Branco (8), Couto (1), Alonso (6), Fernández (1), Doval, Cabanelos (4), Iglesias (1), Da Cunha, López e Salgueiro (1).… Seguir lendo >>

Os infantís do Marmolería Jose Rey Xiria non deron opcións ao Culleredo.

Marmolería Jose Rey Xiria –  27 (14+13): Mario C. (6), Juan (4), Fernando (5), Toni (1), Dani M. (1), Diego, Miguel (4), Renzo (5), Paulo, Alex S. (1), e Diego Lema.

Bm. Culleredo – 15 (5+10): Óscar, Martín, Asier (1), René (2), Brais (6), Nahuel, Antonio, Pablo (1), Alejandro, Iván (5) e Javier.Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña