Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria

Estimado socio:
Por medio da presente, de conformidade co disposto no Artigo 17.1 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral  Ordinaria da entidade ESCOLAS BALONMAN XIRIA a celebrar nas dependencias do FORUM DE CARBALLO, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios (A Milagrosa), de Carballo o próximo día 01 de outubro de 2014, mércores, as vinte horas en primeira convocatoria e as vinte trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria lévase os puntos nun bo segundo tempo

Vitoria do Calvo Xiria na xornada inaugural da 1ª Estatal ante un Poio Artai que se mantivo no partido ate o minuto 35 aproveitándose dos innumerables erros de lanzamento dende os seis metros cometidos polos verdibrancos. Cun xogo ofensivo baseado na velocidade do balón e na mobilidade dos seus xogadores o conxunto carballés era quen de subministrar balóns moi cómodos a súa segunda liña, mais non se transformaban en gol.… Seguir lendo >>

Previa xornada

Este sábado ás 18:30 no Pavillón da Seca (Poio) afronta o inicio dun novo reto na 1ª Estatal o Calvo Xiria en partido que o enfrontará ao Artai Poio, coa arbitraxe de José María Reyes e Susana Reoyo.

Con cinco caras novas e tres baixas sensibles preséntase este inicio de liga para o conxunto verdibranco.… Seguir lendo >>

Inicio de tempada nas escolas

Escolas Balonmán Xiria inicia a andaina da tempada 2014 / 2015 nas categorías mini, benxamín, alevín e feminino a partires do luns 08/09/2014.
Agardamos contar ca vosa presenza dende o primeiro día.
Lembrade que durante o mes de setembro a actividade ten carácter gratuíto e podedes invitar a participar a tod@s @s vos@s amig@s

E por grupos os horarios a partires de hoxe son os seguintes:

MINI (nados anos 2010, 2009 e 2008)
Martes e xoves: 17:30 – 19:00

BENXAMÍN (nados anos 2007, 2006 e 2005)
Luns, martes e xoves 17:30 – 19:00

ALEVÍN (nados anos 2004 e 2003)
Martes, mércores e venres 17:30 – 19:00

Este equipo e de nova e creámolo polo interés que percibimos ao remate da tempada pasada por parte dun grupo de nenas bastante numeroso.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña