DSC_0577

Partido de Campionato

Derradeiro partido de liga na 1ª Estatal para un Calvo Xiria que se despraza a Vigo para disputar ante o Lavadores dous puntos que lle poden dar o campionato. Completaría deste xeito unha gran tempada na que xa ten asegurada a disputa da Fase de Ascenso a División de Prata. Se facerse cun título nunha categoría estatal precisa de moito traballo, esforzo e continuidade, acadalo por segundo ano consecutivo merece un recoñecemento a un equipo composto por dezanove xogadores traballados na canteira do Xiria e un lalinense estudante na Coruña.

Non o poñerá nada fácil un Lavadores que acadou a permanencia a pasada xornada, e que nun partido sen tensión polo resultado tentará deixar a mellor das imaxes ante os seus seareiros cara á vindeira tempada. Mais tampouco o Calvo Xiria estará solo, pois un gran número de incondicionais carballeses daranse cita ás 19:00 para levar aos seus cara este premio. Ser fiel aos seus principios de xogo será básico para que os verdinegros poidan acadar a vitoria.

Exame esixente para o Laber Xiria na Copa Federación. Os de Carballo recibirán no Carballo Calero ao Seis Do Nadal, actual campión galego da categoría. Unha proba dura para que os xuvenís que conformarán o plantel do Laber o ano que ven, sigan a gañar tempo o tempo e crecendo como grupo. O encontro será o Domingo as 12:45.

Ten dobre xornada o Grupo Lemaco Xiria esta fin de semana, Chapela e Seis do Nadal son os rivais aos que se terán que enfrontar. O sábado coma visitante en Chapela e o domingo coma local ante os vigueses. O obxectivo dos carballeses para esta competición é funcionar coma un equipo equilibrado nas diferentes facetas do xogo.

O Garaysa Xiria tamén ten dobre enfrontamento na Copa Federación, cos mesmos rivais que os cadetes, Chapela e Seis do Nadal.  Os partidos deberán servir para preparar o campionato de España. Para iso, deberán afrontar os choques coa máxima intensidade ante dous conxuntos fortes na parcela ofensiva que esixirán empregarse a fondo aos xogadores carballeses.

Tamén na categoría infantil territorial, o Marmolería José Rey Xiria disputa unha dobre xornada de Copa Delegación. Empezará o venres en Abegondo, contra o EM Abegondo ás 19:45 e o sábado recibe no Vila de Noia ás 12:00, ao Bm Pontedeume. Esperan seguir na boa liña coa que están a afrontar esta competición, na que aínda marchan invictos.

Por outra banda, as infantís do Punta del Este Xiria, teñen que desprazarse a Camariñas, onde se enfrontarán ao EM Camariñas o sábado ás 12:30. Difícil compromiso, onde se porá a proba a progresión na competición das mozas carballesas.