Partido de fase

Este sábado no Vila de Noia, ás 18:00, vivirase o derradeiro partido da liga de 1ª Estatal o Calvo Xiria na casa ante o Seis do Nadal, no que se os locais acadan os dous puntos en xogo aseguraranse matematicamente a súa presenza na Fase de Ascenso a División de Honra.

O Seis do Nadal Coia, aínda que esta tempada estivo falto de regularidade, é un rival con moitos argumentos para facer traballar moitísimo aos carballeses na procura do seu obxectivo. Seguridade na parcela defensiva e evitar erros tanto nas transicións de contraataque coma no ataque posicional, evitando así que os vigueses poidan correr, serán vitais para inclinar a balanza a prol do Xiria.

Non fallará o apoio dos incondicionais seareiros carballeses, que deberán converterse unha vez máis no xogador decisivo neste tipo de encontros.