Partido no cume en Lalín e xornada de base

Este fin de semana, o partido estrela é o que se xoga en 1ª nacional no pavillón Lalín Arena entre o segundo e terceiro clasificado, o Calvo Xiria e o Embutidos Lalinense BM. Lalín. O encontro, que se disputará o Sábado ás 18:30, enfronta a dous dos favoritos da competición, coa particularidade de que ademais, nesta xornada, os catro primeiros xogan entre eles. Sen ningunha dúbida, é unha das saídas máis complicadas para os verdinegros, que terán que rozar o sobresainte en todas as facetas do xogo se queren alzarse co triunfo.

Tamén o Sábado en categoría senior, pero neste caso en feminino, o Goldie Xiria recibe ao BM. Lucus Comercial Agrícola Emilio, coa intención de resarcirse da dura derrota da xornada pasada e sumar dous novos puntos que lle devolvan á senda da vitoria. O encontro disputarase no Vila de Noia ás 20:00h.

Xa en categorías basee, os equipos de División Honra teñen xornada de descanso debido aos diferentes compromisos das seleccciones galegas, pero a segunda división e as competicións alevíns e benjamines da provincia, non toman respiro e depárannos bonitos e disputados encontros ao longo deste Sábado:

En segunda división infantil feminina, o Punta Del Este Xiria tentará seguir a súa marcha triunfal na competición ligueira á conta do Encaixe Camariñas. O partido dará comezo ás 10:00 h no pavillón do CEIP Fogar. Acto seguido, ás 11:30 h, entrará en escea o Garaysa Xiria, que busca sumar os seus primeiros puntos á conta do C. Polideportivo Lucense.

Tamén en segunda división, pero en cadete masculino, O Xiria Hierros Varela Urbieta viaxa a Camariñas para afrontar un difícil partido fronte ao Conservas Boya. O obxectivo será conseguir a vitoria a domicilio e desta maneira devolverlle aos camariñáns o resultado que conseguiran en Carballo. O choque disputarase no pavillón de Ponte Do Porto ás 10:30.

Por último, os máis pequenos desprazaranse tamén o Sábado ao pavillón de Galán ( Oseiro-Arteixo) para disputar os partidos de BM5 en alevín e benjamín mixto:

Alevín Mixto:

– Centros Ideal Arteixo B – Grupo Lemaco Xiria 11:00.

– CD. Concello De Zas – Laber Xiria 11:45.

– Bm. Camariñas B – Telepizza Carballo Xiria 12:30

Benxamín mixto:

Bm. Ribadosar Alca – Oak Engñish Xiria 11:45

Clínica Dental Pico Blanco Xiria – BM. Camariñas A.