Pecha a primeira volta invicto o Calvo Xiria

A vitoria acadada este sábado no Vila de Noia polo Calvo Xiria ante o Bm Lavadores pecha unha gran primeira volta do conxunto carballés que, a pesares de non facer un bo partido, foi netamente superior ao seu rival no día de hoxe.

Nin equipo nin seareiros estiveron no partido, xogando a un ritmo lento e sen velocidade na circulación do balón. Aínda así, aproveitando os erros do seu rival, conseguiron os locais unha diferenza de +4 no momento de marchar aos vestiarios. Mais foron os vigueses os que  retornaron con gañas de levarse os puntos, de tal forma que chegaron a empatar o partido a 19 cando ían disputados 10 minutos do segundo tempo. Foi nese intre cando o Calvo Xiria retomou os argumentos que lle permiten ser líder da categoría, defensa con anticipación, contraataque e unha boa selección de lanzamento no xogo posicional, conseguindo un parcial de 10- 2 que pechaba o partido.

A vindeira xornada vivirase o derbi provincial entre Calvo Xiria e
OAR, será de novo no Vila de Noia ás 18:00.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 300 seareiros. Colexiados: Marcos Pérez Outeda e Pablo Álvarez Vázquez do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Sergio Facal (37´) e o adestrador Marcos Rodríguez (23´), namentres polo Vilatrade Bm Lavadores foron sancionados Iván Calvo (11´, 58´), Daniel Miro (22´), Fabián González (25´, 36´), Bruno Estévez (31´). 7 metros: Calvo Xiria 3//4    Vilatrade Bm Lavadores 2//2. Marcador cada 5 minutos: 3-1, 6-3, 7-5, 11-6, 14-9, 15-11, descanso, 18-15, 19-19, 22-19, 29-21, 30-22, 33-25.

CALVO XIRIA 33 (15+18): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Brais Puñal, Pablo Iglesias (5), Juan Carlos Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega (3), Uxío Batán, Manuel Méndez (3), Sergio Facal (4), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Hugo Rodríguez (10).

VILATRADE BM LAVADORES 25 (11+14): Daniel González [p], Alexandre Silva [p], Iván Calvo (1), Fernando Fernández, Adrián Suárez (5), Anxo Otero (1), Daniel Miro (4), Adrián Blanco (2), Bruno Estévez (4), Matías Maquieira, Xoel Martínez, Fabián González (8), Daniel Sierra.