fotos-equipos-1

Pleno en vitorias dos tres equipos alevíns masculinos

Os tres conxuntos alevíns masculinos de Escolas Balonmán Xiria, conseguiron un pleno de vitorias na xornada que se disputou a mañá deste Sábado no pavillón de Fontenla, en Santa Comba. Mentres o LK Xiria, lider da competición e o Laber Xiria, terceiro clasificado, impoñíanse ao Alca Ribadosar I e Ribadosar Omega respectivamente por un tenteo total de 8-0, o Xiria Telepizza Carballo, segundo clasificado, facía o propio ante o Ribadosar Épsilon por 7-1. Desta forma, os equipos de Xiria ocupan os tres primeiros postos da clasificación e lideran con autoridade o grupo Oeste da provincia da Coruña en BLM 5.

LK Xiria – Alca Ribadosar I: 8-0 (12-3 / 10-4 / 13-2 / 9-5)

Laber Xiria – Ribadosar Omega: 8-0 (13-8 / 7-3 / 13-5 / 11-4)

Xiria Telepizza Carballo – Ribadosar Épsilon: 7-1 (6-6 / 9-4 / 9-6 / 15-7).

LK Xiria: Angel Viña (7), Pablo Veiga (12), Miguel Cambón (4), Pedro Porteiro (3), Miguel Pérez (8), Manuel Múñoz (9), Lucas Amado, Alejandro Vázquez (2).

Laber Xiria: Oscar Tasende (6), Manuel García, Mateo Pallas (4), Erik Vázquez (6), Marcos Amarelle (9), Hugo García (11), Samuel Veiga (7).

Xiria Telepizza Carballo: Nicolás García (3), Daniel Bello (7), Xurxo Fraga (6), Alberto Rodríguez (9), Alex Tato (1), Manuel Rey (9), Álvaro Vila (4).