Porriño 27 – Calvo Xiria 25

Os de Carballo non puideron traer os dos puntos que se xogaban no Municipal de Porriño ó perder por 27-25 nun encontro que controlaron durante corenta e cinco minutos.

O Calvo Xiria deixou escapar a victoria por erros propios, xa que logo dunha primeira parte de tanteo, os visitantes tomaron o temón do encontro dando un baño ós de Porriño no inicio da segunda metade. Pero cando todo semellaba vir de cara e dominando o marcador por 5 tantos de vantaxe, sen motivo aparente os de Juan Fernández sufriron un inmenso extravío e fóronse do partido deixando que Adolfo capitanease a remontada que nin eles mesmos crían. Un dato dos últimos dez minutos os carballeses só foron quen de anotar 2 goles, un deles a falta de dez segundos.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria:

Villa , Marcos ( 7 ), Alfonso ( ), David ( 4 ), Alberto ( 4 ), Gvazava ( 3 ) e Ofi ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( ), Fernando ( 2 ), Mario ( 1 ) e Sergio ( ).

 

– Polo Bm. Porriño Veigalar:

Rubén, Paulo ( ), Valoria ( ), Abel ( 5 ), Adolfo ( 7 ), Gonzalo ( 7 ) e Paco ( 6 ) – equipo inicial – Malvar, Alonso ( ), Veloso ( 1 ), Vila ( 1 ), Lorenzo ( ) e José ( ).

Marcador cada 5 minutos

1-1 / 5-4 / 6-5 / 9-8 / 11-10 / 12-13 / 14-16 / 15-18 / 18-21 / 22-23 / 24-23 / 27-25

Os colexiados baleares Sres. Calafell e Oviedo cumpriron coa súa labor.