Primeira derrota como local do Garaysa Xiria

Visitaba Carballo o Academia Octavio; que se xogaba a clasificación para xogar o intersector entre os mellores equipos galegos previo paso ao Campionato de España. O Garaysa Xiria xa clasificado cedeu os dous puntos na segunda parte; onde chegou a encaixar 22 goles.

Na primeira parte do partido, ningún dos dous equipos se sentiu cómodo en ataque posicional. Os goles do Garaysa chegaban a través do seu contraataque en primeira e segunda onda, onde é máis forte. As continuas alternancias no marcador, sen un dominador claro farían que ao descanso o resultado fose de 13 a 14.

Na continuación, cambiou a tónica do partido, intercambio de goles ao comezo onde o Octavio estivo máis acertado e sacou vantaxe da debilidade defensiva local. Unha vantaxe que esta vez non foi capaz de remontar o conxunto carballés. Por tanto, primeiros puntos que se lle escapan ao Garaysa Xiria no seu feudo.

Para a última xornada de liga, o Garaysa Xiria viaxa ata Bueu, para rematar da mellor maneira posible e empezar a preparar o intersector que se xogará o fin de semana do 22 de Abril. A próxima semana saberemos os rivais aos que se terá que enfrontar na loita por alcanzar o campionato de España.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 30 ( 13 + 17 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez.

ACADEMIA OCTAVIO 36 ( 14 + 22 ): Anxo Silveira, Roberto Castro, Pablo Mouriño, Mario Vázquez, Lucas García, Hugo Robles, Marcos López, Luís Álvarez, Manu Rodríguez, Carlos Curras, Roque De Arcos, Xabier Domínguez, Hector Da Cunha.