PROCASA XIRIA 48 – BM. RIVEIRA 6

22/1/2004 10ª XORNADA

PROCASA XIRIA:

: Álex Naya, Andrés (4), Diego (5), Pombo (7), Óscar (7), Dani (6), René, Rodrigo (11), Néstor, Álex Zas (8) e Mecías.

Derradeiro partido da primeira volta da competición infantil. Partido de trámite para os carballeses, que partían coma líderes invictos, fronte a un dos conxuntos mais febles da categoría. Os de Fernando Vázquez non tardaron en amosa-la súa superioridade conseguindo dende o inicio goles fáciles gracias ó seu letal contraataque. O dato mais salientable deste encontro foi a volta á portería carballesa de Álex Naya, que levaba dous meses de baixa por mor dunha fisura nun nocello.

Os colexiados Adrián Braojos e David Rodríguez non tiveron unha boa actuación e amosaron un escaso coñecemento das sancións disciplinarias permitindo numerosas infraccións, incluso algunha merecedora de cartón vermello, ó cadro visitante.

Parciais: 15-1 / 11-1 / 11-2 / 11-2