PROCASA XIRIA 7 (27) – C.B. SADA 1 (11)

26/01/2004 4ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Miguel, Iván, Caamaño (2), Albero Pombo (3), Diego López (3), Néstor (1), Juan (4), Ícaro (2), Dani Barreiro (2), Álex Naya, Rodrigo, Óscar, Álex Zas (3), Diego Puente (7),Ramón (1).

Na mañá do Sábado xogábase como é habitual nos fins de semana o Campionato de Deporte Escolar na categoría infantil nos pavillóns coruñeses da Sardiñeira e San Fco. Javier. O equipo local do Procasa Xiria enfrontábase na primeira das localizacións o conxunto do C.B. Sada. En teoría o partido albiscábase coma un encontro fácil e de mero trámite para o cadro carballés aínda que coas dúbidas lóxicas que presentan estes encontros en numerosas ocasións sobre aspectos basicamente de concentración e actitude por parte do conxunto teoricamente superior.

O temor fíxose realidade en forma de empate (5-5) no primeiro cuarto cando a defensa do Procasa se contaxiaba do ataque estático e sen orde por parte dos sadenses, permitindo cun carácter case indolente os lanzamentos dos laterais do Sada. Aínda con todo, o marcador reflectía un 5-4 a prol dos de Carballo no remate dos dos 12 minutos deste primeiro cuarto, pero un golpe franco directo dende a liña dos 9 m. e coa barreira do Procasa formada facía realidade un empate impensable antes do comezo do encontro. No segundo cuarto, aínda que sen facer un bo xogo o Procasa sacou rendemento a varios contraataques propiciados polos erros no lanzamento do cadro visitante mais que polos propios méritos defensivos e poñía un 4-1 no electrónico ó final deste cuarto.

Os dous últimos cuartos xa foron dunha superioridade esmagadora dos rapaces de Fernando Vázquez, que cunha defensa individual ordenada polo técnico carballés ante o ataque desorganizado dos de Sada propiciou múltiples recuperacións e veloces transicións que deixaron un 10-2 no terceiro cuarto e un 8-3 no último.

Destacou, unha vez máis, como máximo realizador do conxunto carballés, Diego Puente con 7 tantos e coma xogador mais destacado do encontro Diego López. Tamén completou un bo partido o central Néstor na dirección do equipo.

O colexiado do encontro, o xogador catalán do Fadesa Universidad, Ricard Reig estivo mal na súa labor pero en ningún intre influíu no resultado final.

A vindeira xornada o Procasa Xiria terá un importante partido fronte o Balonmanópolis, mais se cabe trala perda de 3 puntos (2 fronte ó Oleiros e este de hoxe) que ninguén agardaba ó comezo do campionato.

Parciais: 5-5 / 4-1 / 10-2 / 8-3

O colexiado Sr. Reig tivo unha mala actuación, aínda que non influíu no resultado.