PUNTA DEL ESTE XIRIA 18 – U. B. Lavadores 33

30/04/2005 2ª XORNADA

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Berta ( 4 ), Juana ( 4 ), Iria ( 5 ), María ( 4 ), Jessica, Marta – equipo inicial – Cristina, Sheila, Jennifer, Patricia ( 1 ).

U. B. LAVADORES: Clara, Nair ( 9 ), Tatiana ( 3 ), Yolanda ( 2 ), Vanesa ( 10 ), Marta ( 6 ), Lucía ( 2 ) – equipo inicial – García ( 1 ), María, Sheila, Pereira, Vanesa.

O Punta del Este Xiria caeu derrotado ante o Lavadores na segunda xornada do campionato galego por 18 a 33, no tempo de lecer o resultado era de 11 – 15.

Foi moi distinta a cara que amosou o cadro carballés na primeira metade cun alto grado de concentración e motivación. Traía aprendida a lección do día anterior e amosou un bo facer tanto en defensa coma en ataque, agás unha pequena laguna no minuto 20 que lle custou recibir varios goles en contraataques e que abriron as primeiras brechas no marcador.

No segundo tempo recurtou as distancias ata que a actuación dos “colexiados” tornouse descarada, as broncas da grada ( todo o público que acudiu de fora de Lavadores púxose do lado carballés ) eran monumentais mais os colexiados seguiron na súa liña de axudas, sete exclusións contra tres ( sendo o Lavadores o equipo máis duro defensivamente do campionato ), continuas sinalizacións de faltas en ataque e pasos inexistentes, lanzamentos de sete metros non sinalizados. Todo isto, unido ó teatro das xogadoras viguesas que cada vez que perdían un balón tirábanse o chan para impedir os contraataques carballeses, acabou por botar por terra o bo traballo do Punta del Este Xiria.

Os colexiados Fernández e Rodríguez axudaron descaradamente o equipo local en tódolos aspectos.