PUNTA DEL ESTE XIRIA 21 – S. D. Octavio Vigo 24

01/05/2005 3ª XORNADA

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Berta ( 6 ), Juana ( 1 ), Iria ( 10 ), María ( 2 ), Sheila ( 1 ), Marta ( 1 ) – equipo inicial – Cristina, Jennifer, Patricia, Jessica.

S. D. OCTAVIO VIGO: Monserrat, Sandra ( 4 ), Paula ( 10 ), Sonia ( 5 ), Lorena ( 4 ), González ( 1 ), Alba – equipo inicial – Iria, Carolina, Sara, Soto.

O Punta del Este Xiria finalizou a sua participación no campionato galego sen coñecer a victoria xa que caeu derrotado ante o Octavio por 21 a 24, no descanso o electrónico sinalaba un 10 – 9 favorable as carballesas.

O mEllor partido dos tres o disputado na mañá do domingo ante un rival que precisaba gañar pola maior diferencia de goles posible. O conxunto carballés dominou o encontro ata o minuto 45, no que o mellor saber facer das viguesas, e tres decisións puntuais dos colexiados nos derradeiros cinco minutos, fixeron caer a victoria do lado do Octavio.

Unha pena que non fose este o incio do torneo, xa que veríase en realidade a capacidade de xogo que teñen as rapazas do Punta del Este Xiria que tardaron dous días en desfacerse totalmente dos nervos. E que a pesar de ter que superar duas defensas individuais que puxeron en xogo as viguesas durante moitos minutos o xogo das carballesas foi vertical e con finalizacións atinadas, mentras que en defensa rendiron a un alto nivel como no resto do campionato.

Os colexiados Pérez e Portela cometeron moitísimos erros mais respartidos entre os dous conxuntos.