Punta del Este Xiria xogará en División de Honra e Hierros Varela Urbieta Xiria en segunda división

A pasada fin de semana tiveron lugar os play-off das categorías base para a súa clasificación nas distintas competicións galegas.

O Punta del Este Xiria viaxou a Redondela para enfrontarse o primeiro día ao equipo local, SAR Shopimagen. O nerviosismo das visitantes que se enfrontaban por primeira vez a este tipo de competición e o alto ritmo de xogo das de Redondela decantaron o marcador cara o equipo local cun resultado de 10-29.

Na segunda xornada tocaba enfrontarse ao Veterís Asmubal Meaño. Nesta ocasión, un mellor encontro das carballesas permitiulles facerse coa victoria cun 11-29 no marcador e conseguir así tamén unha das prazas para competir en división de honra infantil feminina na tempada 2018-2019.

Será a primeira vez na historia do clube que un equipo feminino desta categoría compita en división de honra.

O equipo cadete femenino Hierros Varela Urbieta Xiria desprazouse a Cangas onde non correu a mesma sorte. Na primeira xornada enfrontouse ao Bm. Lavadores. Os nervios e a falta de cambios limitaron ao equipo visitante que non foi quen de mostrar todas as súas capacidades e rematou cunha derrota de 21-30.

Na segunda xornada, as carballesas afrontaron o encontro con máis velocidade e intensidade o que permitiu ter opcións ata os últimos 10 minutos. Pero o maior nivel do equipo local, Bm. Cangas Taperia dos Chata, os dei quedar alí os dous puntos cunha victoria por  25-19 e levaron consigo a ultima praza para división de honra. Deste xeito, Hierros Varela Urbieta Xiria competirá en segunda división galega na tempada 2018-2019 logo de varios anos sin equipo cadete femenino en competición.