Resumo da fase de ascenso a División de Honra Prata

Esta fin de semana o equipo sénior do Calvo Xiria pechou a temporada xogando en Santoña a fase de ascenso a División de Honra Prata, na que finalizou en 3ª posición. A continuación recollemos os resultados e os números dos equipos participantes:

Compre felicitar ao equipo (formado por xogadores técnicos e delegados) que competiu dignamente con rivais moi difíciles, cunha entrega e un compromiso que deben ser citados e recoñecidos. Esta entrega non sae nos números, pero que todos o pudemos ver, in situ os que se desprazaron a seguir ao equipo a Santoña ou na distancia, a través do streaming da Federación, os que se quedaron en Carballo.
É tamén de agradecer á xente que se desprazou a Santoña o ánimo e apoio que transmitiron ao equipo en todo momento. Tamén temos que agradecer á Cervecería La Bombonera, ao Bar Xuventude e á Cervexería A Boa Estrela a súa colaboración para achegar o evento a todo o mundo, a través da conexión co streaming da Federación nas pantallas dos seus locais.
É o momento de sinalar especialmente a Sergio Facal e Pablo Iglesias «Magia» que poñen fin a súa espectacular carreira profesional vinculada dende o seu inicio a Escolas de Balonmán Xiria. Os éxitos do club están en grande medida nas súas mans. Dende aquí so podemos dicir grazas e que as portas de club están abertas para eles, cando queiran e para o que queiran, hai outras tarefas no club onde a súa experiencia pode ser de grande utilidade.
Despedímonos ata a temporada que ven cun vídeo da afición desplazada a Santoña, un atronador aplauso que seguro que se deixará oir de novo no Vila de Noia para a temporada que ven, por que o Calvo Xiria estará de novo pelexando por todo e con todos vos.
Que non cho conten, FORZA XIRIA.