S.A.R. 28 – GARAYSA XIRIA 23

30/01/2005 15ª XORNADA

S.A.R.: Lucía, Ana ( 6 ), Antía ( 8 ), Carla ( 8 ), Sara ( 2 ), García ( 2 ), Laura ( 2 ) – equipo inicial – Olalla, Tania, Carmen, Angela, Miriam.

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 4 ), Paula, Uxía, Yanin, Cristina ( 7 ), María ( 4 ) – equipo inicial – Marta ( 5 ), Adriana ( 1 ), Iria, Jessica, Sheila ( 2 ), Fernanda.

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria non foi quen acadar un bo resultado na visita que realizou á S.A.R. de Redondela caendo por un marcador de 28 a 23, no descanso o electrónico indicaba un preocupante 16 a 5.

Non sairon centradas as xogadoras carballesas perdendo numerosos balóns que foron aproveitados polas redondelanas para abrir unha brecha prácticamente insalvable no marcador.

A segunda metade cambiou de tornas e foi dominada polo Garaysa que recortou diferencias ata chegar o perder ó remate por cinco goles, baseándose nunha boa defensa, na actuación da porteira carballesa en un ataque fluido e con acertada finalización. Unha lástima a actuación dos primeiros vinte minutos que impediron que o Xiria loitase polos dous puntos.

Na vindeira xornada, 16 ª, o equipo carballés recibe ó Bm. Bueu no que se presenta como un choque axustado e emocionante.

O colexiado Sr. J. María García non fixo un bo papel, seguiu o xogo dende demasiado lonxe, pero non influiu no resultado final.