Sae o Calvo Xiria como único invicto do Rosal

Respondeu o partido a todo o que se podía esperar. Igualdade, intensidade, emoción e un ambiente incrible nas bancadas do municipal rosaleiro, marcado, e de que maneira, pola actuación dos porteiros dos dous conxuntos. Xa dende os minutos iniciais avisaron da súa intención de ser os xogadores máis destacados do encontro. Dende logo por parte carballesa, Iago, apoiado pola súa defensa presionante foi un baluarte inexpugnable, sobre todo no segundo tempo. Con este panorama os lanzadores ían desesperándose un a un, agás Nicolás polo Acanor e Pablo, de seguro o xogador máis destacado na faceta ofensivo, por parte do Calvo Xiria.

Foron os inicios do partido para o equipo  local, cunha velocidade máis no seu ataque, que lle permitiu abrir as primeiras diferenzas no electrónico, un +2 no minuto quince que nunca pasou de aí, pois os verdinegros foron pouco a pouco incrementando a súa presión defensiva para poder correr un par de contragolpes que deixaban o encontro en táboas. Un gol de 7 metros co tempo xa cumprido permitía ao Xiria marchar cara os vestiarios cun 9 – 10  favorable, que psicoloxicamente iría a ser moi rendible. Tanto foi así que o mando do partido cambio no segundo tempo, e un Calvo Xiria moito máis fino no ataque empeza a marcar un ritmo que non podía seguir o seu rival. Todo semellaba rematado cando no minuto vinte do segundo tempo o marcador sinalaba un 15-20. Mais co empuxe dos seus seareiros os locais tiraron de casta para achegarse até un 19-20 que abría todas as opcións a vitoria. Pero se algo ten levar unha racha de vitorias coma a do Calvo Xiria é a confianza, e cun gol de Martín, unha parada de Iago e un novo gol de Pablo sentenciaba o encontro.

Mención especial merece o ambiente que se viviu no Pavillón do Rosal, cuns seareiros entregados completamente a cadanseu equipo, que se uniron nunha ovación final a ambos equipos polo espectáculo vivido, marcado pola absoluta entrega dende unha total deportividade, tanto no 40×20 coma nas bancadas.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal do Rosal ante preto de 700 seareiros, entre eles máis de 60 carballeses. Colexiados: Alejandro Núñez Camacho e Jorge Rodríguez Pacheco do colexio andaluz. Castigaron con exclusión polo Acanor At. Novás a Carlos Rodríguez (25´), Iago Flores (42´), Germán Hermida (46´), Rubén Figueirdo (54´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Manuel Méndez (33´), Brais Puñal (40´), Sergio Facal (46´), Carlos Vilanova (57´). 7 metros Acano At. Novás 0//1   Calvo Xiria 2//3. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-3, 5-3, 7-6, 9-8, 9-10, descanso, 10-12, 12-15, 13-17, 15-20, 18-20, 20-22.

ACANOR AT. NOVÁS 20 (9+11): Kevin García [p], David Álvarez [p], Iago Flores (1), Rubén Figueirido (3), Germán Hermida (2), César Armán (1), Daniel Vicente (1), Ismael Rodríguez (1), Carlos Rodríguez, Roberto Sío (1), Ramón Suárez-Pumariega (1), Miguel Trigo (2), Manuel Martínez (1), Nicolás López (6).

CALVO XIRIA 22 (10+12): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete (2), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Sergio Facal, Uxío Batán, Martín Alfeirán (2), Julián López, Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas (2), Pablo Iglesias (10), Javier Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega, Gonzalo Pombo, Hugo Rodríguez (2).