portada

Segue a mellora do Punta del Este Xiria no tramo final de tempada

Volvía a competición para as xogadoras carballesas na Copa Federación, e facíano na casa, o domingo pola mañá, no pavillón Ceip Fogar ante o Bm Culleredo.

Ganas de afrontar esta Copa e ver o crecemento ao longo da tempada das xogadoras carballesas que se van afianzando na categoría e tratan de ser un equipo máis regular durante os 50 minutos de partido.
Coas tarefas claras que debían de facer para levar os dous puntos en xogo; pronto veriamos pequenas distancias no marcador favorables ás locais, que levaron o partido aos poucos por onde querían, e a distancia non foi maior grazas ao labor da porteira visitante.
O resultado final foi de 28 a 17, que deixa algúns erros defensivos que tratarán de corrixir cos adestramentos ao longo da semana.

Por parte del PUNTA DEL ESTE XIRIA jugaron: Elena Collazo [p], Paula Bouzas, Marta Gómez, Lucía España, Lara Otero, Anna Hernández, Alba García, Nerea Varela, Valeria Figueroa, Carmen Eirín, Natalia Cancela, Lara Otero.