collage2

Seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria disputan esta ponte o Torneo Deputación de Pontevedra na Comarca do Salnés.

Varios dos rapaces das categorías inferiores das Escolas Balonmán Xiria estarán esta ponte de decembro polas terras do Salnés concenctrados coa Preselección Galega de Balonmán correspondente, desputando o Torneo da Deputación de Pontevedra mentres preparan o inminente Campionato de España do mes de Xaneiro.

O xuvenil Andrés Vila do Laber Xiria, que estará de novo baixo as ordes de Adrián Dubra, segundo adestrador desta categoría, iniciará a concentración o mércores día 6 de decembro ás 11:15 horas nas instalacións do Pavillón de Coirón de Dena e finalizará o sábado día 9 ás 14:00 nas mesmas  instalacións.

Os xogadores do Grupo Lemaco Xiria Mario Cancela e Alejandro Gómez adestrarán coa Preselección Galega Cadete dende o mércores día 6 de decembro ás 12:45 horas nas instalacións do Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra) e finalizarán o sábado día 9 ás 14:00 nas instalacións do Pavillón de Coirón de Dena.

Por último, os infantís Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal están chamados coa súa Preselección Galega para o mércores día 6 de decembro ás 10:00 horas nas instalacións do Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra e finalizarán o sábado día 9 ás 14:00 nas instalacións do Pavillón de Coirón de Dena.

collage2