logo_campeonato

Seis xogadores das Escolas Balonmán Xiria disputarán o Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Seis rapaces das Escolas Balonmán Xiria estarán en Vigo e Pontevedra na disputa Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará do 2 ao 7 de Xaneiro nas ciudades galegas de Vigo e Pontevedra.  Trátase dos infantís Esteban Puñal, Martin Fuentes e Julián García do Garaysa Xiria, Alejandro Gómez e Mario Cancela do equipo cadete Grupo Lemaco Xiria e o xuvenil do Laber Xiria Andrés Vila. Os xogadores comezarán a concentración ao longo do día 1 de xaneiro no Pavillón Monte da Vila de O Grove e comezarán a xogar os partidos xa o día 2. Tamén estará no Campionato o adestrador carballés Adrián Dubra, como segundo adestrador do equipo xuvenil masculino de Galicia.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas volve a Galicia 5 anos despois, como evento no que se verán as novas xeracións e promesas do balonmán español. Ademais, esta edición coincide a celebración do campionato das categorías infantil, cadete e xuvenil tanto masculino como feminino, polo que se poden ver ao longo da semana ata 300 partidos de balonmán a entre as 21 instalacións proporcionadas por Vigo, Pontevedra, Porriño, Poio e Marín. A maiores, o 5, 6 e 7 de Xaneiro dispútase en Vigo o Memorial Domingo Bárcenas (Torneo Internacional de España) que enfronta á selección española con Polonia, Bielorrusia e Arxentina, xuntando así a base coa élite do balonmán na mesma semana e na mesma área xeográfica.

Máis información en www.cesabmgalicia.com

collage2