cartnet-xiria-2016

Soci@s

Se queres facerte socio soamente tes que pinchar neste enlace FORMULARIO SOCI@, cubrir e enviar a balonmanxira@gmail.com     ou entregar a un adestrador do club

Escolas Balonmán Xiria & Clínica Dental María Gómez Lamas

ACORDO DE COLABORACIÓN COA CLÍNICA DENTAL MARÍA GÓMEZ LAMAS

Escolas Balonmán Xiria e Clínica Dental María Gómez asinan un acordo de colaboración do que se poderán beneficiar os socios e socias das Escolas Balonmán Xiria, que poderán beneficiarse de descontos nos distintos tratamentos que ofrecen na clínica.

clinica-maria-gomezOs socios e socias das Escolas Balonmán Xiria terán uns servizos gratuitos que se detallan a continuación:

  • Consulta e presuposto.
  • Revisións.
  • Educación bucodental.
  • Fluorizacións.
  • Radiografías periapicais.

Por outra parte, terán descontos nos seguintes tratamentos:

  • 20% en limpezas dentais
  • 20% en panorámicas e telerradiografías.
  • 20% en escáner dental (TAC).
  • 20% en protectores bucais deportivos.
  • 10% en branqueamentos dentais.
  • 10% en obturacións.
  • 10% en ortodoncia.
  • 10% en periodoncia.
  • 10% en implantes.
  • 10% en tratamentos restauradores en menores de 15 anos.

Tamén ofrecen aos socios e socias facilidades nos pagos, polo que ofrece unha financiación a 12 meses sen ningún tipo de interese para o paciente e posibilidade de financiación ata 36 meses.

ESCOLAS BALONMÁN XIRIA&JAVI TEIJEIRO CENTRO FISIOTERAPIA 

Acordo de colaboración moi interesante para tod@s @s soci@s de Escolas Balonmán Xiria, polo que o importe da sesión para os Xiriareiros será de 18€.

Logo

So é preciso que amosedes o voso carnet de socio de Escolas Balonmán Xiria xunto con documento oficial de identificación. O abono da cantidade estipulada farase directamente na clínica.

Se desexas máis información dos servizos que ofrece Javi Teijeiro, so tes que facer click na imaxe superior.

PRIMITIVA

Participa co teu carné de socio nos sorteos de Lotaría Primitiva

Cartnet Xiria 2016

Regulamento Lotaría Primitiva Escolas Balonmán Xiria.

1.    Xogaránse tódolos Xoves e Sábado de cada semana dende o 15 de setembro do 2016 até o 14 de setembro de 2017 os números  5,8,10,17,33 e 46.

a.    O reintegro será o proporcionado pola máquina expendedora cada semana.

2.    Cada socio xogará por una centésima parte ( 1/100 ) do premio acadado polos números citados no artigo 1.

a.    Os socios familiares, colaboradores ou protectores que dispoñan de varios carnets por número de socio, constan como un único xogador ( un número de socio dispón de varios carnets). Polo tanto só o carnet do titular é o válido para o cobro dos premios.

b.    Enténdese por titular á persoa que solicita o abono familiar, de colaborador ou protector.

3.    Os premios maiores de 2.500€ sofren dunha retención do 20%, polo que esta porcentaxe será prorrateada a cada socio na proporción correspondente ao seu valor nominal.

4.    Os premios caducan aos 3 meses do sorteo.