Sorte dispar para os dous equipos alevíns en BM 7

O pasado sábado, levabase a cabo a última xornada da liga de BM 7 en categoría alevín. O Xiria A, viaxaba a Abegondo para enfrontarse no pavillón De San Marcos ao Balonmán Gas Abegondo, líder da competición ata o momento e o Xiria B, recibiría ao Culleredo DXTS Rayman no pavillón do CEIP Fogar. A sorte foi dispar para ambos os conxuntos e, mentres o Xiria A caía por 7-1 contra o líder, o Xiria B impoñíase por un contundente 8-0 ante o equipo coruñés da localidade de Culleredo. Mentres no partido de Abegondo, os de Carballo sufrían a superioridade física dos locais e a súa velocidade ao contraataque, os xogadores do Xiria B mostrábanse moi superiores a os coruñeses en todas as facetas, marcando diferenzas cos seus rivais desde o inicio e facéndose fortes desde a súa retagarda. Aínda así, o Xiria A puido refacerse dun primeiro parcial de 8-0 e conseguiu empatar o segundo cuarto (4-4), para terminar competindo tamén o último onde sucumbíu por un curto 4-2. Desta forma, o Xiria A remata a liga en media táboa con 36 puntos, ocupando a sexta praza, mentres que o Xiria B, sitúase en terceira posición con 54 puntos, empatado co primeiro e segundo clasificado, que non son outros que os dous conxuntos de Abegondo.

Balonmán Gas Abegondo: 7 – Xiria A: 1 (8-0 / 4-4 / 11-5 / 4-2)

Xogaron polo Xiria A: Oscar Tasende, Miguel Cambón, Manuel Rey, Angel Viña, Erik Vázquez, Samuel Veiga, Manuel García, Miguel Pérez, Alex Tato, Pedro Porteiro, Alex Vázquez.

Xiria B: 8 – BM. Culleredo DXTS Rayman: 0 (7-4 / 5-3 / 9-3 /5-3)

Xogaron polo Xiria B: Mateo Pallas (p), Marcos Amarelle, Pablo Veiga (6), Alberto Rodríguez (5), Xurxo Fraga (1), Nicolás García (1), Hugo García (3), Bruno Facal, Samuel Regueira (6), Angel Villar (1), Álvaro Vila (3), Lucas Amado.