Superioridade do Laber Xiria diante do Porriño

Laber Xiria 34 – BM. Porriño  24 (17-13)

Amosou por un lado a súa fortaleza defensiva o Laber Xiria ante un Porriño con moito empuxe nas accións ofensivas, e por outro a desenvoltura nas accións de ataque, con bo ritmo e control do xogo.

Foi construíndo dende os primeiros minutos o Xiria o que ía a ser a base para derrotar ao Porriño, firmeza e solidez nas liñas defensivas, non permitindo demasiados espazos para os pivotes e a vez obstaculizando as penetracións dos porriñeses. No ataque íase acadando bastante éxito nas xogadas de ataque, a pesares que as precipitacións por veces pasaban factura en forma de perdas de balóns.

De todos xeitos o Laber dominaba no encontro e permitía as rotacións para que todos os xogadores se lucisen no derradeiro partido de liga ante a afección carballesa. Dispuxo por veces o Porriño unha defensa individual sobre os primeiras liñas carballeses, pero as diferenzas no partido quedaron plasmadas no resultado final de 10 goles a favor dos locais.

Laber Xiria 34 (17): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 5, Andrés Urbieta 1, Manuel Sánchez 1, Mario Cancela, Roi Alfeirán 2, Renzo Díaz 1, Iker Martínez 1, Santi Oreiro 2, Alex Gómez 13, Pablo Cambón, Brais Vila 3, Iago Rincón 2, Dani Trigo e Pedro Pereira 3.

Bm. Porriño 24 (13): Rodrigo Martínez, Samuel Pampillón 4, Alejandro Canosa, Manuel Pérez 8,Jesús Maquieira 1, Iván Fandiño, Pedro Pereira, Alai Merino, Angel Bastos 4, Miguel Martínez, Mario Basconcello, Lucas Domínguez, Saúl Candal 7.

Marcador cada 5 min: / 2-1 / 5-1/ 7-5/ 10-8/ 13-12/ 17-13/ 18-15/ 23-16/ 25-19/ 29-21/ 32-24/ 34-24/

Arbitrou: Pablo Torreiro, sen complicacións