Os nenos e nenas despedíronse do campamento por este ano cunha entretida Festa Pirata, onde os máis peques fixeron a súa bandeira corsaria, e pasaron por varias probas que medían a súa pericia como grumetes.
As Escolas de Verán Xiria chegan á súa recta final cunha semana dedicada á reciclaxe, onde os nenos e nenas terán diversas actividades relacionadas con este campo, como a visita á Planta de Tratamento de Residuos de SOGAMA (Cerceda) ou unha xornada con xogos feitos de material reciclado.… Seguir lendo >>
Unhas das principais novidades deste mes era o densenvolvemento deste proxecto, levado a cabo de forma coordinada entre os monitores de informática e inglés e os alumnos do grupo 6, que son os auténticos artífices deste blog de temática diversa.
A idea fraguou entre os rapaces dende o primeiro momento e o interés por ensinar máis sobre as cousas que lles gustan conseguiu que ata os máis tímidos perderan o medo a usar o inglés.… Seguir lendo >>
O pasado venres Escolas de Verán Xiria despedía a primeira quincena de Agosto cunhas divertidas clases prácticas de globoflexia nas que os nenos e nenas máis maiores aprenderon a facer varias figuras con globos.