O Grupo Lemaco A, tras gañar con autoridade todos os partidos da primera fase de Liga, se enfronta ós gañadores dos otros grupos para optar ó título de Liga Prata e acceder á eliminatoria pola Final4 Galega. O Porriño xa derrotara a Moaña cunha ampla marxe e a vitoria lle concedería o título, mientres que o Xiria estaba obrigado a puntuar para enfrontar o encontro de Moaña.… Seguir lendo >>
Archivo de la etiqueta: Grupo Lemaco
O Grupo Lemaco B, superior ás de Arousa(23-11)
O Grupo Lemaco B pechou a primeira fase como local ante o Bm. Arousa en encontro disputado na mañá do domingo. As pontevedresas mantivéronse no encontro durante a primeira metade pero sempre a remolque, nun Grupo Lemaco B que non terminaba de romper o encontro o seu favor.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco A xa é campión de grupo na primeira fase
O desigualado partido ante Lavadores B deu o golpe final a unha primeira volta sen tacha para o grupo cadete, logrando 14 vitorias nos 14 partidos da primeira fase de liga.
Agora o Grupo Lemaco A ten unha xornada de descanso previa á Semana Santa que deberá empregar en preparar os dous encontros da segunda volta.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco A suma e segue
Na tarde do domingo o Grupo Lemaco A recibiu no Vila de Noia a un Carballal B con ausencias que non puido ofrecer moita resistencia a un Xiria coas miras postas na segunda fase da liga.
Desde o (4-3) inicial, o Xiria entrou en calor e pechou a cancela a toda probabilidad de chegada a 6m por parte das viguesas, empregando os contraataques en primeira e segunda oleadas cada vez que se recuperaba balón tras unha intensa defensa.… Seguir lendo >>
O Bm. Sanxenxo pecha a persiana ás carballesas(28-20)
Nada finas estiveron as peques do Grupo Lemaco B na mañá do sábado en Sanxenxo. O encontro resultou frío como o ambiente e onde as cadetes non lograron superar a un Bm. Sanxenxo en todo momento por diante no marcador.
A mellora defensiva do equipo pontevedrés, fisicamente moi fortes complicou moito a continuidade no xogo carballés que non atopou nunca o ritmo.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco B suma dous puntos con claridade
As rapazas do grupo cadete tiveron visita do Brigantium B no Vila de Noia, equipo que aínda non logrou puntuar na liga. O comezo do encontro xa tomou cores verdes ante a imposibilidade de parar as penetracións da primeira liña carballesa, que sumado a contundencia da defensa deixaba case a cero a portería local nos primeiros quince minutos do encontro.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco A se clasifica como cabeza de serie a dúas xornadas do remate
O grupo Lemaco visitaba a sempre complicada pista do Lucense na mañán do sábado para xogarse a primeira praza da liga ante o segundo clasificado. A vitoria era capital dado que soamente opta ó título o primero clasificado de cada grupo e unha derrota ante Lucense deixaba na obriga de gañar os dous restantes enfrontamentos.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco B suma na súa saída a Poio
Plácida victoria para o Grupo Lemaco B en Poio na nova xornada da Liga Prata no Grupo A. As carballesas visitaban ás pontevedresas recuperando efectivos para este tramo final de temporada e mostrando unha boa cara no encontro, onde a amplitude no marcador permitíulle ás de Mafi desenvolver o seu xogo de maneira máis fluída.… Seguir lendo >>
O Grupo Lemaco A mantén o liderato logrando todos os puntos ata a fecha
As rapazas cadetes do Xiria afrontaban un novo partido na casa ante un BM Brigantium Nunegal que ven facendo unha boa tempada a pesar de caer con contundencia na ida ante as de Carballo.
No primeiro minuto de partido a mala sorte caía no bando coruñés cando a central do equipo sufiu lesión nun choque fortuíto, deixando mermadas as filas herculinas.… Seguir lendo >>
Traballado empate do Grupo Lemaco B ante o BM Cangas
O Cangas, claro contendente na pelexa polo liderato, sufriu no Fogar cando no comezo do encontro o Xiria dominaba a pesar dos erros en ataque grazas á alta intensidade do seu 5:1 e á intervención dunha Lara infranqueable na portería. Pola contra, as do Morrazo optaron por unha defensa 3:2:1 con moita profundidade sobre as laterais, permitindo ademáis axudas nas proximidade do avanzado. Acostumadas a obter goles doados de contraataque, viron frustados os seus esforzos por un Grupo Lemaco que baixaba ó repliegue moi rápido e pechaba as portas con velocidade.… Seguir lendo >>