Archivo de la etiqueta: Xiria

O Calvo Xiria cae na sua visita a Santa Comba(25-24)

As carballesas tiveron desprazamento curto ata Santa Comba onde se agardaba un encontro moi disputado, como cada vez que se xoga un derbi. Moi entonadas comenzaron o encontro as do Xiria, que puxeron distancia no marcador nos primeiros minutos(1-5). A pesar diso as xalleiras lograron ir recortando distancias ata empatar o encontro a sete tantos despois dunha serie de erros que foron marcando os seguintes minutos.… Seguir lendo >>

O Bm. Sanxenxo pecha a persiana ás carballesas(28-20)

Nada finas estiveron as peques do Grupo Lemaco B na mañá do sábado en Sanxenxo. O encontro resultou frío como o ambiente e onde as cadetes non lograron superar a un Bm. Sanxenxo en todo momento por diante no marcador. 

A mellora defensiva do equipo pontevedrés, fisicamente moi fortes complicou moito a continuidade no xogo carballés que non atopou nunca o ritmo.… Seguir lendo >>

Contundente victoria do Calvo Xiria en As Burgas

O Calvo Xiria femenino viaxaba na tarde do domingo a Ourense ca necesidade de sumar os dous puntos na sua loita pola Final Four de maio. E con ese requisito entraron as carballesas no encontro onde a partir da defensa conseguiron por o electrónico cun 1-6 a favor. 
 
Co marcador de cara, as de Zarra entraron nunha dinámica de erros no lanzamento de accións claras que lles fixo padecer dúbidas durante os seguintes minutos(7-7, min.… Seguir lendo >>

Derrota pola mínima(30-29)do Calvo Xiria no Gatañal

Unha magoa a derrota do Calvo Xiria no Gatañal este domingo despois dun intenso encontro e onde se puideron ver diferentes versions do equipo carballes durante o mesmo.
 
As senior comenzaron con autoridade, mostrándose moi sólidas atrás e casa ideas mais asentadas no ataque, cousa que fixo que o adestrador pontevedrés variara o seu sistema defensivo en tres ocasions, para poder contrarrestar esa primeira parte das verdes.… Seguir lendo >>

Comoda victoria do Calvo Xiria ante Coreti Lalín(32-13)

O Calvo Xiria derrotou este pasado sábado ó Coreti Lalín con gran solvencia despois dun encontro moi serio en defensa, cedendo moi poucos goles e propiciando a escapada no electrónico á contra. Así foi como se fraguaron as primeiras diferencias entre os dous equipos, onde a solidez defensiva combinou moi ben cas primeiras oleadas das xogadoras exteriores carballesas, e tamén salientable a aportación da gardarredes local.… Seguir lendo >>