Tirso de Molina 17 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 27

30/01/2004 9ª XORNADA

TIRSO DE MOLINA: Diego, Pablo, Alberto(8), Ángel(2), Ramón, Ismael, Carlos, Rafael(3), Felipe(1), Alejandro, Alberto(2), Manuel(1).

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Cristophe (2), Rubén, Anxo (1), Aitor (5), Gonzalo (5), Rodrigo (11), Iván, Javi (3), Iago, Álex.

Victoria cómoda do Ifecgas Pereira Xiria na pista do conxunto ferrolán Tirso de Molina. O encontro comezou igualado, cun equipo, o carballés, que marcaba goles con bastante facilidade, debido sobre todo, á boa circulación de balón e ó gran acerto no lanzamento de Rodrigo, que reaparecía logo de dúas semanas de baixa debido a unha lesión no xeonllo. Sen embargo tamén se recibían goles con bastante facilidade, algo bastante impropio neste equipo, que se a algo nos ten acostumados é a defender ben e encaixar poucos goles. Así transcorreu a primeira metade, con diferencias que oscilaban entre os 2 e os 5 goles, sempre a favor dos carballeses, chegándose ó descanso co marcador de 11 – 14.

Na segunda metade o panorama cambiou por completo. O Ifecgas Pereira Xiria pasou do seu 5-1 clásico a defender 6-0 e aí acabouse o partido. Os xogadores ferroláns xa non atopaban espacios con tanta facilidade e comezaron a perder balóns que propiciaron rápidos contraataques que aproveitaron os xogadores carballeses para distanciarse no marcador ata o 17 – 27 que sinalaba o marcador ó final do choque.

Con esta victoria o Ifecgas Pereira Xiria acaba a primeira volta da competición invicto, contando os seus encontros por victoria. A vindeira semana o equipo carballés desprazarase a Burela para enfrontarse ó equipo local no encontro que dará inicio á segunda volta do campionato.