Torneo Caixanova Cidade da Coruña Alevín e Benxamín

A pasada fin de semana disputábase no Pavillón de San Francisco Xabier da Coruña o Torneo Caixanova Cidade da Coruña nas categorías alevín e benxamín.

Na categoría alevín o Caixanova Xiria A acadaba o título gañando todos os seus partidos e tras imporse ao Pontedeume na final. O caixanova Xiria B remataba na terceira posición logo de que a organización do torneo variase sobre a marcha os cruces de semifinais para obrigar aos dous equipos carballeses a enfrontarse entre si, evitando así unha posible final entre os dous equipos do Xiria.

Na categoría benxamín sucedeu outro tanto, aínda que nesta ocasión o equipo carballés perdeu a final fronte ao OAR, rematando o Caixanova Xiria A na segunda posición e o Caixanova Xiria B na terceira.