portada

Traballada vitoria do Garaysa Xiria no derbi provincial

Na mañá do domingo xogaba o Garaysa Xiria no Vila de Noia contra o Bm Culleredo, nunha nova xornada da división de honra infantil. Un partido que empeza a converterse en habitual na categoría infantil e que sempre depara emoción; intensidade e unha rivalidade provincial; con exemplo de deportividade, con xogadores que se coñecen das preseleccións e adoitan dar un extra neste tipo de partidos.

Empezaba ben o encontro para o Garaysa Xiria que en cuestión de dous minutos roubaba 3 balóns ante as dubidas iniciais dos visitantes poñía un 3 a 0 de parcial. Pero un Culleredo, que non se dá nunca por vencido; devolveríalle o parcial e mesmo se poñería por diante; grazas á intensidade coa que xogan en ataque e a pasividade da defensa local no 1×1. Transcorrían os restantes minutos de primeira parte cos dous equipos imprimindo un gran ritmo de xogo; o que depara un gran desgaste aos xogadores. O Garaysa Xiria iríase cunha pequena vantaxe ao descanso grazas ao maior acerto cara portería.

Na continuación, os carballeses, axustaron a defensa e mellor organizados colectivamente; conseguiron distanciarse no marcador ata lograr un máxima de +11; a falta de 10 minutos, deixando o partido visto para sentenza; onde todos os xogadores aproveitaron os minutos de xogo. Ao final o resultado foi de 37 a 28; unha diferenza que non reflicte a dificultade para lograr os dous puntos en xogo.
Bo partido dos dous equipos que xa teñen ganas de enfrontarse no partido de volta.

A semana que ven será dobre. Primeiro, o xoves; o Garaysa Xiria viaxa ata Redondela para enfrontarse ao Bm Chapela e o fin de semana recibe a visita do Cisne de Pontevedra. Dous partidos complicados; pero que competirán para lograr os puntos necesarios para seguir nos postos altos da clasificación.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pedro Bermúdez do colexio galego. Sen complicacións.

GARAYSA XIRIA 37 ( 14 + 23 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Alberto Suárez, Julián García, Miguel Goimil, Martín Fuentes, Juan Martín Fajardo, Alberto Rodríguez, Samuel Veiga y Pedro Porteiro.

BM CULLEREDO 28 ( 12 + 16 ): Jorge López, Nuno Loxo, Martín Insua, Marcelo Gil, Mario Cortegoso, Álvaro Del Busto, Diego Fraguela, Iago Bescansa, Diego Almeida, Asel Cambón, Juan Manzo, Gonzalo Palleiro, Mateo Kidus.