Tramo final de liga para o Calvo Xiria

Chegan os tres derradeiros partidos para o Calvo na liga de 1ª Estatal, ca necesidade de gañar en cada un deles para poder facerse co título ligueiro. O primeiro deles será este sábado no Vila de Noia perante o Rasoeiro, equipo que na primeira volta fixo sufrir aos carballeses durante os sesenta minutos. A situación desta volta é ben distinta para os do Grove, pois ca permanencia xa asegurada hai unhas cantas xornadas poderán xogar sen a presión do marcador, o que os converte nun perigoso rival.

Deberá o Calvo Xiria de amosar o seu mellor xogo, apoiado non seus sempre incondicionais seguidores, non deixar ocos en defensa e aproveitar todos os contraataques dos que dispoña, para evitar caer nun xogo lento e pausado coma interesa ao Rasoeiro.

O partido comezará as 18:00 no Vila de Noia.

Este fin de semana e despois do parón da Semana Santa, o Laber Xiria viaxa a Bueu para enfrontarse o conxunto de esta localidade, equipo que non foi quen de acadar vitoria algunha esta tempada. De calquera forma, os de Xiria deberán de facer un encontro moi serio, pensando en eles mesmos e traballar cara ao ano que ven. A xornada, terceira da Copa Federación, disputarase o Sábado as 16:30 no pavillón Pablo Herbello. Todos os xogadores do Laber Xiria e os cadetes nominados, están dispoñibles para este enfrontamento.