U.B. LAVADORES 31 – GARAYSA XIRIA 13

12/02/2005 17ª XORNADA

U.B. Lavadores: Ana, Aroa ( 4 ), Sara ( 5 ), Rebeca ( 4 ), Saleta ( 7 ), Vanesa ( 4 ), Silvia ( 6 ) – equipo inicial – Melisa, Patricia, Sheila ( 1 ), Lorena, Tatiana, Campos, Laura.

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 2 ), Paula, Uxía ( 1 ), Yanin, Cristina ( 6 ), María ( 1 ) – equipo inicial – Marta, Adriana, Iria, Jessica, Sheila ( 2 ), Fernanda ( 1 ).

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria caeu derrotado ante o Lavadores en Vigo cun resultado final de 13 a 31, 6 a 16 no descanso.

Foi superior o cadro vigués ó longo dos sesenta minutos, tanto en defensa coma en ataque, e as carballesas non tiveron o seu millor día en ningunha das facetas.

Pero o mais destacado foi a parcialidade ca que dirixiu o encontro a persoa que se presentou no Pavillón do barrio de Lavadores co cartel de árbitro. Dende o primeiro intre adicouse a botar risas cas xogadoras do equipo vigués sen ter o mínimo atisvo de vergonza nin de dignidade. Ë unha pena que actitudes de este tipo empañen o bo discurrir dun encontro que seguramente se decantase hacia o mesmo lado, pero so por cuestións deportivas e non por situacións que van en contra do espectáculo do balonmán.

O colexiado Sr. José Carlos Fernández foi un pesadelo para o conxunto carballés o longo dos sesenta minutos, mantendo unha actitude vergonzosa de cara ó xogo limpo.