Un desdebuxado Laber Xiria cede ante a Sar de Redondela.

Laber Xiria 21 – SAR Redondela 33 (12-20)

Eran conscientes os carballeses que ausencia de Andrés Vila por enfermidade no partido, xogador referencia no ataque, ía ter que ser suplida redobrando esforzos ao longo dos 60 minutos, pero non tiveron nada de cara este domingo e foron cedendo a vitoria ao seu rival.

Marcaron demasiado as diferenzas as efectividades cara gol, o Xiria topaba unha e outra vez co porteiro da Sar, fallando incribles ocasións, mentres que aos redondeláns entráballe todo, o marcador abriu brecha a favor dos visitantes o que precipitou o partido no seu beneficio. A falla dun referente en ataque creaba dúbidas e as excesivas perdas de balón non tardaron en aparecer, 12 a 20 ao descanso.

Intentouno na segunda metade o Xiria, optando por unha defensa máis agresiva e aberta, pero os logros de recuperación defensiva desperdiciábanse no ataque con desacerto cara gol.

Mal partido dos locais ante un rival directo  pola clasificación, no que foi o remate da primeira volta. Reapareceron logo de longas lesións Pedro Pereira e Alex Gómez.

Laber Xiria 21 (12): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 6, Santi Oreiro 6, Andrés Urbieta 2, Pablo Cambón, Manuel Sánchez, Roi Alfeirán 2, Renzo Díaz, Brais Vila 1, Alex Gómez 2, Iker Martínez 2, Iago Rincón, Dani Trigo e Pedro Pereira.

SD Teucro 33 (20): Simón Lorenzo e Alejandro Santos (porteiros), Raúl Domínguez 2, Gael González 4, Daniel Virulegio, David Chao 8, Javier Rivas 1, Juan Bas 6, Diego Alonso 2, Angel Pérez 2, Javier Mera 7 e Simón Lorenzo

Marcador cada 5 min: 1-4/ 4-7 / 6-10/ 8-13/ 9-16/ 12-20/ 15-23/ 16-25/ 18-28/ 19-27/ 20-30/ 21-33

Arbitraron: Christian García e Carlos Calvar, castigaron excesivamente ao Xiria