Un Grupo Lemaco Xiria moi superior diante do Seis do Nadal vigués

Grupo Lemaco Xiria 42 – Seis do Nadal 10  (23-5)

O resultado final resume o encontro, unha diferenza de 32 goles no marcador fala das desigualdades de ambos equipos no desenrolo do partido.

Tras uns primeiros minutos iniciais onde os vigueses intentaron aguantar o tipo, a intensidade defensiva do Grupo Lemaco materializábase en roubos de balón e saídas mortíferas a contra, tampouco na defensa o Seis do Nadal podía facer nada ante un Xiria con lanzamento e boa mobilidade de balón. Pronto comezaron as diferenzas no marcador o que serviu para que os locais rotaran continuamente a banqueta e probasen aos seus xogadores en distintas posicións.

Na segunda metade, o partido, xa sen historia, seguiu amosando a superioridade do Grupo Lemaco, marcando no ataque con suma facilidade e so cedendo algunha ocasión ao contrario por falta de intensidade en determinados momentos, o Xiria gustou no seu primeiro partido ante a afección local.

A vindeira semana o Grupo Lemaco viaxará a Cangas do Morrazo para medirse ao Balonmán Luceros.

Grupo Lemaco Xiria 42 (10): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Alex Gómez 4, Mario Cancela 7, Dani Mallo 8, Iago Rincón 1, Iker Martínez 9, Franco Rial 1, Brais Vila, Adrián Mesejo 2, Juan Pereira, Mario Rincón 3, Diego Antelo 3, Carlos Varela 3, Aaron Rodríguez  e Fernando Mallo 1.

Seis do Nadal 10 (5): Aaron Seijo (porteiro) , Oscar Sánchez 1, Juan González 1, Xoan Otero, David Alvarez 4, Bruno Cid 1, Adrián Abril, Martín Rodríguez 2, Martín Campos, Pablo Fernández 1 e Gabriel García

 

Marcador cada 5 min: 5-2 / 9-4 / 13-4 / 16-4 / 19-5 / 23-5 / 25-6 / 29-7 / 32-8 / 37-8 / 39-9 / 42-10

Arbitraron: Pablo Torreiro e Gabriel Folgoso, sen complicacións