Un irrecoñecible Garaysa Xiria perde a domicilio

Viaxaba ata Pontevedra o conxunto carballés do Garaysa Xiria, para enfrontarse ao Cisne de Balonman; segundo e terceiro clasificados, respectivamente.
O choque empezaba igualado, ningún facíase co ritmo do partido e as defensas sufrían ante as accións individuais de ambos os equipos. Aos poucos, o equipo local foise facendo dono do marcador; a súa defensa fíxose forte no centro, factor que trataron de aproveitar os visitantes, ampliando o campo ao máximo, para xogar cos seus extremos que se atoparon co bo facer da portaría pontevedresa.
Con diferenza de 3 goles a favor local, os carballeses estáticos en defensa durante gran parte do partido, non conseguían frear aos homes fortes do Cisne, e en ataque, a ansia por remontar canto antes, leváballes a continuas perdas de balón que aproveitaron os locais para irse ao descanso 15 a 10.
Moito tería que cambiar o Garaysa na continuación; esquecerse da primeira parte e empezar de novo o partido coa suficiente confianza no seu xogo se quería levar a casa algo positivo.
Pero non era o día para os de Carballo; que non souberon saír da fochanca na que se meteron. A defensa seguía sufrindo e unicamente foron capaces de recuperar 1 balón ao longo dos 50 minutos. Queda valorar o esforzo de todo o equipo por querer gañar a pesar de que non lle saíron as cousas ben; e non deixaron de loitar polos dous puntos ante un Cisne que foi mellor.

A seguinte xornada o Garaysa Xiria recibe ao Seis do Nadal, en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón CTGD ante 150 de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Abel Juncal López do colexio galego. 7 metros: Cisne Bm 1/1 Garaysa Xiria  1/2
Marcador cada 5 minutos: 5-4, 7-6, 9-6, 12-7, 15-10, descanso, 19-13, 21-16, 24-18, 26-19, 27-22.

CISNE BM 27 ( 15 + 12 ): Carlos Álvarez (8), Miguel Jímenez, Javier Sierra, José Ángel Bo, Diego López (1), Nuno González, Eduardo Costa, Miguel Soria (1), Román Arboleya (8), Fernando Álvarez (3), Rubén Seaveiros, Miguel Pérez, David Fernández (3), Borja Fernández (3).

GARAYSA XIRIA 22 ( 10 + 12 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (3), Carlos Varela (2), Mario Cancela (4), Daniel Mallo (3), Fernando Mallo (1), Juan Pereira (3), Diego Antelo (4), Julián García (1), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris.