Un Laber Xiria superior derrota ao Oar Coruña

Oar Coruña 24 Laber Xiria 28 – (12-14)

A gran fortaleza da defensa 6:0 do Laber Xiria foi cimentando a vitoria dende os primeiros minutos, os xogadores coruñeses non atopaban espazos para bos lanzamentos e tiñan que mover o balón en exceso, o que aproveitaba o Xiria para de vez en cando puntear as traxectorias e roubar algúns balóns para saír a contra.

Non resolvía con comodidade o Laber en ataque, o que facía que a diferenza no marcador non aumentase e sostivese ao Oar no encontro, un mancado Andrés Vila, referente en ataque do equipo, careceu da frescura doutros partidos, o eqipo acusouno e tan so rendaba dous goles ao descanso.

Quedaban 30 minutos por diante e o Xiria debía atopar solucións no ataque, éstas chegaron cunha maior mobilidade dos seus xogadores e co brazo do cadete Alex Gómez, que dou coa clave de bater a portería contraria.

Non fallou o equipo neste vital compromiso, con esta vitoria o Xiria segue medrando semana a semana.

Oar Coruña 24 (12): Jaime Martín e Pedro González (porteiros) , Daniel Mc Namee 1, Bruno Camiño 8, Lucas Morelli, Daniel Fea, Raul Costa, Adrián López 2, Alejandro Pérez 3, Santiago Lojo 2, Alejandro Suárez, Eduardo Cousillas 6 e Marcos Sánchez.

Laber Xiria 28 (14): Samuel Castiñeiras e Diego Lema(porteiros), Manuel Sánchez, Andrés Vila 4, Roi Alfeirán 2, Fran Rey 6, Renzo Díaz, Iago Rincón 1, Dani Trigo 1, Alex Gómez 10, Pedro Pereira 3, Iker Martínez, Andrés Urbieta, Brais Vila 1.

Marcador cada 5 min: 2-0/ 4-4 / 5-7/ 8-9/ 11-12/ 12-14/ 14-15/ 16-16/ 18-19/ 20-22/ 21-24/ 24-28/

Arbitraron: Henrique Folgoso e Gabriel Folgoso, sen complicacións