Un superior Punta del Este comeza a liga con vitoria

Este sábado 4 comezaba a liga para o Punta del Este Xiria coas ganas e ilusión dun equipo que xa coñece esta liga. O comezo de partido mostrounos a superioridade física e de xogo da nosas xogadoras fronte ao rival, que a pesar diso nunca perdeu a cara ao partido. A defensa carballesa mostrábase firme e con poucos espazos, e en ataque conseguían ocasións claras para facer gol, pero con imprecisións nalgúns lanzamentos. Con esta dinámica fomos ao descanso cun 15-1 no marcador.
A segunda parte seguiu os mesmos canles que a primeira, coa diferenza de que as locais estiveron máis acertadas de fronte ao gol,chegando así ao 42-3. Destacar que todas as xogadoras achegaron algo positivo para o equipo.

PUNTA DEL ESTE 42 (15+27) Elena [p], Valeria (3), Lucía (4), Nerea (7), Nina (4), Alba (8), Lara (8), Marta (1), Anna (4), Paula (3)

BM RIBADOSAR 3 (1+2)

Próximo partido: BALONMAN CULLEREDO- PUNTA DEL ESTE XIRIA