Universidad de León Ademar 29 – Calvo Xiria 22

O Calvo Xiria caeu derrotado por 29-22 na súa visita a León onde se medíu ó Universidad de León Ademar.

Mal partido dos carballeses, tanto en defensa coma en ataque, que sairon moi relaxados á pista do Pavillón Universitario Vegazana encaixando un parcial de 10-2 nos primeiros 15 minutos de encontro. A pesar da millora do xogo dos de Juan Fernández na segunda parte (11-11 neste segundo parcial) foi totalmente imposible remonta-lo partido debido ó lastre desos primeiros 15 minutos, aínda que nesta segunda parte os de Carballo chegaron a estar a 5 goles e unha discutida decisión arbitral non pitando un penalti clarísimo cometido sobre Marcos impediolles te-la opción de meterse no partido.

Aliñacións

– Polo Universidad de León Ademar:

Yerai, Alvaro , Víctor ( 7 ), Guillermo , Javi ( 4 ), Garza e Pedro – equipo inicial – Madagán, De Celis, Santi ( 1 ), Héctor ( 2 ), Verdial ( 2 ), Perales ( 8 ) e Nano ( 5 ).

– Polo Calvo Xiria:

Villa , Mario ( 2 ), Fernando ( 5 ), David ( 2 ), Alfonso ( 1 ), Javi e Alberto ( 1 ) – equipo inicial – Víctor, Marcos ( 5 ), Ofi ( 1 ), Gvazava ( 2 ), Sergio ( 3 ) e Dubra.

Marcador cada 5 minutos

2-1 / 7-2 / 10-3 / 11-4 / 14-7 / 17-8 / 18-11 / 20-14 / 21-15 / 24-16 / 27-18 / 29-22

Os colexiados Sres. Ceballos e Cestero estiveron regular, non influíndo no resultado.